Estes días, a comunidade educativa do IES de Cotobade puido desfrutar da exposición itinerante "Sen Cancelas", instalada no patio do Centro.
"Sen cancelas. Memorias do arco da vella en Galicia" é o título do proxecto expositivo que poñen en marcha o Consello da Cultura Galega (CCG) e a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.
A mostra ten un carácter didáctico e divulgativo e fai un percorrido histórico e conceptual sobre a diversidade sexual en Galicia.
Está formada por oito seccións de contidos, máis a de introducción, que fan un percorrido histórico sobre a diversidade no país a través dos fitos e as persoas que transitaron o camiño cara a liberdade.
Tamén se abordan temáticas como a propia diversidade, existente desde o comezo dos tempos e presente nas distintas culturas ou a evolución na lexislación que afecta os dereitos e liberdades das persoas LGBTQI.
O proxecto incide a través do relato participativo nas achegas individuais que fan avanzar o movemento colectivo e na importancia de cada un de nós para protexer o que se conseguiu ata o momento en materia de igualdade, facéndonos conscientes da súa fraxilidade.
O percorrido remata cun buzón de suxesitóns no que o alumnado poderá contibuír coas súas ideas ou inquedanzas a enriquecer o proxecto.
Sen cancelas, porque non hai identidade e igualdade se non hai liberdade.
Agradecemos ao departamento de Orientación polo seu compromiso na loita e defensa pola igualdade e diverdidade, e espcialmente ao xefe de departamento Javier García Barreiro pola organización e promoción das diversas actividades e obradoiros desenvolvidos ao longo destes últomos cursos. Asemade, agradecemos ao claustro de profesorado e ao noso alumnado pola súa colaboración e participación en moitas das actividades levadas a cabo. Parabéns!
Para máis información sobre a exposición, prema aquí.