Skip to Content

Ciencias Naturais

Terceira actividade do Proxecto Bosque Atlántico. Visita ao CUVI.

O pasado mércores 10 de abril, o alumnado de 1° da ESO visitou o Campus da Universidade de Vigo (CUVI) en Lagoas-Marcosende dentro do proxecto Bosque Atlántico no que participamos este ano.
O proxecto trata de concienciar ás novas xeracións da necesidade de coidar e respectar os ecosistemas naturais, considerando que a mellor vía para esta sensibilización é o coñecemento.

Esta foi a terceira actividade do proxecto.

A primeira, unha presentación das 25 especies de árbores que conformarían os bosques autóctonos do subsistema ecolóxico das Rías Baixas e a segunda un xogo sobre esta temática, foron desenvolvidas no primeiro trimestre no noso centro.

Na visita ao CUVI o alumnado poido camiñar polo bosque autóctono que a Universidade de Vigo leva tratando de recuperar durante os últimos 20 anos, recoñecendo as diferentes especies e aprendendo da ecoloxía, a bioloxía e curiosidades das mesmas e do propio territorio e a cultura ancestral da man do noso guía, experto na materia, Marcos Guiadanes. 

Ademais do propia actividade, os rapaces poideron desfrutar dun día de convivencia ao aire libre, cun tempo primaveral.


Conferencia: "Pequenas heroínas. As bacterias que degradan o plástico".

O pasado martes 21 de novembro, o noso alumnado do 4° curso de ESO tivo a oportunidade e o honor de asistir a unha conferencia científica organizada pola Deputación de Pontevedra.


Tivemos o privilexio de contar con Dona Alicia Estévez Toranzo, vicepresidenta da Real Academia Galega das Ciencias, e mentora da investigadora Dona Sabela Balboa Méndez, principal encargada da conferencia. A actividade foi presentada polo noso alcalde, e deputado provincial Don Jorge Cubela López.


Durante hora e media, tivemos a oportunidade de coñecer o seu traballo de investigación sobre as bacterias que poderían degradar plásticos, e da importancia da súa contribución cara a un futuro sostible.


Ao longo da exposición, ademais de presentar o seu traballo dunha forma moi amena e ben axustada ao nivel do alumnado, fixeron partícipe ao alumnado, invitándoo a intervir con apreciacións, dúbidas e inquedanzas sobre a temática.
Salientamos que na rolda de preguntas finais xurdiron cuestións de gran interese, polo que as científicas animaron aos nosos estudantes a non ter medo a dirixir o seu futuro cara a investigación.

"Bosque atlántico", organizado pola Universidade de Vigo, achégase ao noso alumnado do 1° curso de ESO.

Este programa pretende dar a coñocer e poñer en valor o ecosistema autóctono do bosque atlántico das Rías Baixas, denunciando o altísimo nivel de degradación do mesmo polo uso masivo de especies invasoras, sobre todo con fines de aproveitamento forestal. 


O educador ambiental Marcos Guiadanes, realizou dúas visitas ao centro.
Na primeira,  fixo unha interesante exposición da historia dos nosos bosques, e do proceso de deterioro, e posteriormente, presentou ás que se consideran as 25 especies autóctonas dos bosques das Rías Baixas.

 Na segunda, os rapaces amosaron todo o que aprenderon na visita anterior, cun divertido xogo por equipos nun taboleiro tamaño XXL. 


Para a primavera rematará a actividade cunha visita ao bosque do CUVI no que se plantaron exemplares das 25 especies mencionadas.

 

A actividade foi promovida polo departamento de Bioloxía e xeoloxîa polo que agradecemos o compromiso do profesor e xefe de departamento Sergio Ramos Martínez. 

 


Saída do alumnado de 1º e 3º ESO. Organizado pola Sección bilingüe do IES de Cotobade

 

Con motivo do final de curso académico a Sección Bilingüe de Bioloxía e Xeoloxía, organizou unha xornada de convivencia na península de O Grove para alumnado de 1º ESO e 3º ESO.

No Monte da Siradella, realizamos o roteiro dos miradores. Unha ruta circular polos distintos miradoiros que se atopan no alto do Monte Siradella para coñecer a historia das poboacións que se ven dende eles, coñecer as bateas, a fauna da contorna, as formacións xeolóxicas.

Esta ruta completouse cunha visita explicativa guiada á exposición da Aula de Interpretación da Natureza, e o visionado do  vídeo do Complexo intermareal Umia-O Grove.

Finalmente o alumnado goxou dun paseo pola Illa da Toxa en compañía do profesorado organizador, Victoria Carrera e Sergio Ramos, os profesores voluntarios, Lucía Tojo e Ricardo Maquieira, aos que agradecemos a súa colaboración, así como á nosa asistente lingüística, Thea Munji, que regresou para compartir un día máis connosco.


11F. Día internacional da muller e da nena na ciencia.

Rosalind Franklin, Hedy Lamarr, Mary Anning, Agnes Pockels, Ángeles Ruíz Robles, Lynn Margulis, son algunhas das moitas científicas que estiveron presentes ese día no noso instituto. Gran parte do profesorado caracterizouse destas investigadoras esquecidas, para reivindicar as achegas que estas mulleres fixeron nos seus diversos campos. Entraron nas aulas e cada profesora relatou a súa biografía, o contexto social, as dificultades que atoparon para levar a cabo o seu traballo, e sobre todo, como foron silenciadas ao longo da historia, levando os méritos os seus compañeiros masculinos.

A actividade foi tremendamente didáctica polas aportacións, preguntas e interese que mostrou o alumnado.

Desde o centro seguiremos reivindicando este día para que a historia destas pioneiras sexa coñecida.

“Polas que foron, polas que son, pero sobre todo... polas que van ser!”

Coidado do medio. Consumo responsable e reciclaxe.

 

 

No día mundial do medio, o alumnado de primeiro de ESO fixo un traballo de pesquisa sobre un dos grandes problemas ambientais aos que se enfronta a humanidade, os plásticos. Plasmaron os coñecementos adquiridos na súa búsqueda nunhas infografías co fin de axudar a concienciar á comunidade educativa do noso Centro da necesidade dun consumo responsable e dunha reciclaxe axeitada e global. 
Actividade coordinada pola profesora MªJesús López Blanco.

Exposición : Animais en perigo de extinción na Península Ibérica.

O alumnado de 1º E.S.O, nas materias de Bioloxía e Xeoloxía bilingüe e non bilingüe, presentaron unha exposición dirixida polas profesoras Laura Pérez Codesido e Marisa Vidal Collazo sobre os animais vertebrados da nosa contorna en perigo de extinción.

O alumnado elaborou de forma individual unha  ficha cos datos científicos, hábitat e características de distintos mamíferos, peixes, anfibios, réptiles e aves en galego e en inglés. Estas fichas forman parte do mural da exposición, participando así os máis pequenos na concienciación da conservación das especies na nosa Península."

Concienciación contra os incendios. Visita da base aérea do Campiño

No día de onte alumnado de 3º e 4º ESO do I.E.S de Cotobade tiveron a oportunidade de visitar a Base Aérea Contra Incendios do Campiño. Acompañados pola profesora Laura Pérez de Bioloxía e Carlos Morgade de xeografía e historia, viron de primeira man o traballo dos bombeiros forestais. Eles explicáronlles o seu labor e a importancia de que todos nós, coidemos do medio ambiente para evitar que se produzan incendios e poder gozar do noso patrimonio e identidade que conforman as paisaxes naturais e autóctonas da nosa terra. Os estudantes coñeceron o labor dos equipos de brigadistas mediante unha proxección audiovisual sobre a extinción de incendios e manexando as ferramentas manuais de extinción. Ata tiveron a oportunidade de probar a forza dunha mangueira coa axuda dos bombeiros. O persoal da base mostrou o helicóptero que se atopa nas  instalacións e puideron interaccionar cos pilotos e técnicos de mantemento.

Parabéns a todos e todas os e as que participaron e promoveron esta actividade!

Programación Curso 2017-2018

Para empezar este novo curso tedes aquí a Programación das diferentes materias que podedes consultar en calquera momento.

Esperamos  que este novo curso podades aprender novas cousas relacionadas coa Ciencia e que voso interese polo estudo sexa un pouco máis grade cada día.

 

 

 

 

 

https://issuu.com/realmalba/docs/programacion_ciencias_cotobade__201

Departamento de Ciencias

Seleccion de fotos sobre distintos temas sobre a Natureza.

Mimosa

Distribuir contido


by Dr. Radut