Mañá, xoves 12 de novembro, ofreceranse uns obradoiros de ecopercusión dirixidos polo percusionista Didier Díaz e organizado por Elena Villar, xefa do departamento de música.
Para visualizar a información sobre os obxectivos e contidos do obradoiro, prema aquí.
O pasado martes 5 de Novembro o alumnado de 2º da ESO participou nunha entretida e didáctica actividade musical, gozando dun taller de ecopercusión impartido polo percusionista Didier Diaz. Aprenderon a tocar ritmos con material de refugallo. Paso a paso, con moita maña e entusiasmo, Didier conseguiu que o grupiño tocara coma unha banda musical e o resultado foi o descubrimento de 30 magníficos e novos percusionistas. Parabéns a Didier que participa con nos por segundo ano e á profesora de música Elena Villar pola iniciativa e por suposto a todos os participantes e ós que fan posible e fomentan estes encontros e ensinanzas das artes.
O pasado 5 de febreiro, o alumnado de música do I.E.S de Cotobade participou nun obradoiro de eco-percusión impartido polo músico percusionista cubano, Didier Díaz. Contaxiados polo entusiasmo de Didier e paixón pola música, aprenderon nocións básicas como a pulsación, o manexo das baquetas e os ritmos en eco, empregando material de reciclaxe, bidóns e cubos de pintura.
Pecharon o taller xunto con Didier, Denís e Rubén Santamarina, alumnos músicos de 4ESO do noso centro, dos que nos sentimos orgullosos e animamos a que sigan polo camiño da música.
Parabéns a todo o alumnado participante e á profesora Elena Villar pola súa iniciativa.
« The true beauty of music is that it connects people. It carries a message, and we, the musicians, are the
messengers. » Roy Ayers.
« A verdadeira beleza da música é que conecta xente. Leva unha mensaxe e nós, os músicos, somos os mensaxeiros. » Roy Ayers.