Skip to Content

Horario provisional do Centro do 1 ao 8 de setembro de 2023

O horario do noso Centro, no periodo que abangue o día 1 ao día 8 de setembro de 2023 será de 9:00 a 14:00 horas.

Aquelas familias que non recolleron o vale de material escolar no mes de xullo, poden adquirirlo acudindo ao Centro nese horario, así como consultar a listaxe de libros adxudicados, de non telo feito con anterioridade e poder encargar os libros para completar a lista.

Lembramos que a listaxe de libros de texto para o curso 2023-24 atópase nesta páxina web.

Para consultala, prema aquí.

A listaxe de libros de texto adxudicados non pode ser publicada polo que se atopa no interior do centro, no taboleiro de anuncios de secretaría tal como se vos informou no mes de xullo.

Publicación da listaxe definitiva da adxudicación do fondo solidario do libros de texto

No día de hoxe, publícase no taboleiro da secretaría do Centro a listaxe definitiva da adxudicación do fondo solidario do libros de texto, cos libros adxudicados por materia.

Asemade, poden a partir de hoxe achegarse ao Centro de 9h a 14h30 para recoller o cheque para a compra de material escolar ata o venres 28 de xullo de 2023 ou de non poder ser, a partir do 1 de setembro de 2023.

Publicación da adxudicación de prazas para a FP básica 2023-24

Prema aquí para acceder á listaxe. Resolución definitiva.

 

 

Publicación da adxudicación provisional do fondo de libros de texto para o curso 2023-24

De acordo cos artigos 13 (Publicación de actos) e 21(Publicación de listaxes provisionais e definitivas de 3º, 4º, 5º e 6º de EP e 1º, 2º, 3º e 4º da ESO.) da  ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/2024.

Tal como xa se vos informou por mensaxería, lembrade que poden consultar no taboleiro da secretaría do centro o listado provisional da adxudicación do número de libros de texto que lle corresponde a aquel/a alumno/a que resultara beneficiario/a da axuda para o curso 2023-24.

Consultada a listaxe, prazo de reclamación ata o 19 de xullo de 2023.

Admisión á formación profesional de grao básico. Listaxes provisionais de solicitudes. Curso 2023-2024

Para consultar a listaxe, sigan as instrucións do documento anexado insertando o voso código persoal, tal como vos adiantou o Orientador no seu momento.

Poden acceder directamente ao portal de FP da Xunta de Galicia e consultar toda a información e documentación publicada ao respecto.

https://www.edu.xunta.gal/fp/admision-grao-basico-2023-2024

 

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2023-2024

Para acceder á listaxe, prema uns segundos na imaxe, de non descargarse vaia ao documento PDF adxunto. Tamén a pode consultar no taboleiro da secretaría do Centro. 

 

Aviso: Trasladada a incidencia á Editorial Anaya para atopar os libros de francés: J'aime. Cedéronnos uns novos códigos ISBN que actualizamos na listaxe adxunta a día 27/07/2023, e no taboleiro de secretaría. Estes novos ISBN, correspóndense co Pack de

Libro de texto + un libriño de lectura de regalo. 

Non obstante, aseguran que cos antigos códigos as librerías deberían localizar igualmente o libro que corresponda, pero virá sen o libro de lectura de agasallo. O dato a ter en conta é que se corresponda co título, autores e editorial.

Se estades asociados/as á ANPA, poñédevos en contacto coa asociación para que vos indiquen que libros van repartir para o vindeiro curso.

Remate do prazo de matrícula. Luns, 10 de xullo de 2023

Lembramos que o prazo de matrícula remata este luns 10 de xullo 2023. 

A partires desa data publicarase, nesta web e no taboleiro da secretaría do Centro, a listaxe dos libros de texto para o curso 2023-24. 

A non confundir coa publicación da resolucion provisional do fondo de libros e cheque de material que se fará con posterioridade e da que seredes avisados/as persoalmente.

Saída do alumnado de 1º e 3º ESO. Organizado pola Sección bilingüe do IES de Cotobade

 

Con motivo do final de curso académico a Sección Bilingüe de Bioloxía e Xeoloxía, organizou unha xornada de convivencia na península de O Grove para alumnado de 1º ESO e 3º ESO.

No Monte da Siradella, realizamos o roteiro dos miradores. Unha ruta circular polos distintos miradoiros que se atopan no alto do Monte Siradella para coñecer a historia das poboacións que se ven dende eles, coñecer as bateas, a fauna da contorna, as formacións xeolóxicas.

Esta ruta completouse cunha visita explicativa guiada á exposición da Aula de Interpretación da Natureza, e o visionado do  vídeo do Complexo intermareal Umia-O Grove.

Finalmente o alumnado goxou dun paseo pola Illa da Toxa en compañía do profesorado organizador, Victoria Carrera e Sergio Ramos, os profesores voluntarios, Lucía Tojo e Ricardo Maquieira, aos que agradecemos a súa colaboración, así como á nosa asistente lingüística, Thea Munji, que regresou para compartir un día máis connosco.


Actividade coa protectora de animais do Morrazo

Por primeira vez e tras a iniciativa da profesora Laura Magariños Seijo, o noso Centro participou nunha actividade coa Protectora de Animais do Morrazo. A actividade foi todo un éxito polo que agradecemos á profesora pola organización e innovación, ao profesorado voluntario e comprometido (Concepción Cabada, Javier García, José Manuel Ledo), ao alumnado participante de 2ºESO polo entusiasmo e disposición e por suposto á Protectora polo labor cotiá e por compartir os valores e a experiencia. Parabéns!!

Calendario e instrucións para o final de curso. Devolución de libros, ordenadores, chaves, libros da biblioteca.

Debido a un erro central no programa de xestión xeral, adíase a entrega de notas quedando para o martes 27 de xuño nas mesmas franxas establecidas para cada curso. 

Periodo para formalizar a matrícula : do 27 de xuño ao 10 de xullo de 2023. 

 

Para ver ou descargar as instrucións prema aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut