Como cada curso, o noso Centro despide o ano 2021 cuns obradoiros de Nadal dirixidos polo profesorado e alumnado do Centro.
Ofrecéronse 15 talleres diferentes onde alumnado e profesorado compartiu as súas habilidades, amosando o seu enxeño e creatividade máis alá das aulas:
- Iniciación ao manexo de drons
- Papiroflexia
- Creación de pulseiras
- Adornos de Nadal
- Decoración de cantos rodados
- Lectura Dramatizada
- Creación en 3D
- Torneo de pimpón
- Confección de bruxas con elementos naturais
- Corpos Xeométricos
- Scrabble
- Xogo de palabras
- Xogo: 1,2,3
- Xogos populares
- Microscopia
Por outra banda, o departamento de Educación Física fixo a entrega de medallas e trofeos aos finalistas e campións dos torneos de Bádminton realizados ao longo do trimestre, actividade enmarcada dentro do Proxecto Xogade da Xunta de Galicia.