Skip to Content

“DIVERSIDADE SEXUAL, COÑECER PARA RESPECTAR E ACOMPAÑAR. PREVENCIÓN DO ACOSO LGTBIFÓBICO”

 

 

O obxectivo deste obradoiro desenvolvido o día 8 de xuño de 2022 e  destinado ao alumnado de 2º curso de E.S.O é sensibilizar, formar e impulsar a colaboración activa da comunidade educativa no coñecemento e valoración da diversidade afectivo-sexual para a mellora da convivencia, prevención da LGTBIfobia e a promoción da igualdade de oportunidades para todo o alumnado.

O noso sistema legal tamén ten apostado decididamente por unha sociedade plural, inclusiva e respectuosa con todas as persoas, no ámbito educativo. As actividades de sensibilización e formación ofertadas neste proxecto son ferramentas que se enmarcan nun proceso educativo e de cambio social que xa se está a producir, provocando transformacións sobre os estereotipos e as ideas erróneas que se teñen sobre as persoas LGTBIA+ e as que incumpren as normas de xénero.

As actividades propostas perseguen promover a participación, a reflexión e a análise través de charlas,obradoiros e dinámicas de grupo, facendo accesibles os contidos informativos e conceptuais, para producir cambios actitudinais. 

Estes obradoiros están dentro das actividades programadas desde os Contratos-Programa CP-Inclúe



page | by Dr. Radut