Skip to Content

BENESTAR EMOCIONAL

O alumnado de 3º ESO participou nun Programa de Benestar Emocional.

O benestar emocional é un concepto amplo, que ten que ver non só coa experiencia subxectiva de sentirse ben,en harmonía e con tranquilidade, senón tamén coa experiencia persoal de satisfacción por ser quen de afrontar dificultades e superar de forma positiva ou adaptativa as contrariedades que se presentan na vida cotiá.

Desenvolvéronse dúas sesións para cada un dos grupos de 3º ESO. Este Programa foi impartido por Verónica Lodeiro Romero, psicóloga que traballa na Asociación Rexurdir.

Esta actividade está incluída dentro dos Contratos-Programa (CPInclúe )solicitado polo noso centro.



page | by Dr. Radut