Skip to Content

Orientación

Resolución coas instrucións para o desenvolvemento do proceso de admisión a ciclos FP de grao básico 22-23

 

Publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia Resolución do 26 de maio de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento do proceso de admisión das ensinanzas de formación profesional de grao básico para o curso 2022/23.

“DIVERSIDADE SEXUAL, COÑECER PARA RESPECTAR E ACOMPAÑAR. PREVENCIÓN DO ACOSO LGTBIFÓBICO”

 

 

O obxectivo deste obradoiro desenvolvido o día 8 de xuño de 2022 e  destinado ao alumnado de 2º curso de E.S.O é sensibilizar, formar e impulsar a colaboración activa da comunidade educativa no coñecemento e valoración da diversidade afectivo-sexual para a mellora da convivencia, prevención da LGTBIfobia e a promoción da igualdade de oportunidades para todo o alumnado.

Cualificacións das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio.

 

Publicada a listaxe provisional de cualificacións das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio.

Período de reclamación: do 7 ao 10 de xuño, ambos os dous incluídos, no centro onde se presentou a solicitude de inscrición.

http://www.edu.xunta.gal/fp/acceso-grao-medio-convocatoria-actual

 

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio. Exames e respostas da convocatoria 2022

http://www.edu.xunta.gal/fp/acceso-grao-medio-convocatoria-actual

Publicados os exames e as respostas da convocatoria 2022 de probas de acceso a ciclos formativos de grao medio.

Información para o alumnado de 6º de Educación Primaria

Os días 20 e 23 de maio o alumnado dos centros adscritos recibiron información da orientadora do instituto de Cotobade sobre a nova etapa educativa que comezarán no mes de setembro. 

Esta actividade forma parte do Programa de Tránsito entre as dúas etapas educativas.

ESTEREOTIPOS E PREXUÍZOS

O alumnado de 1º E.S.O participou o venres 20 de maio nunha charla impartida por Maite Rosales. orientadora da Fundación do Secretariado Xitano.

A  INTERCULTURALIDAD implica recoñecemento e comprensión #ante a existencia doutras culturas, ademais de respecto, comunicación e interacción. Non se permite que as ideas e accións dunha persoa ou grupo cultural estea por encima doutro, favorecendo en todo momento o diálogo e a convivencia enriquecida entre culturas. Unha sociedade será intercultural cando os seus membros interactúen (relaciónense), e enriquézanse con esa interacción.

Esta actividade está incluída nos Contratos Programa CP Inclúe.

Entrega de diplomas polo alcalde de Cerdedo-Cotobade ao alumnado participante na formación para mediadores e cibermentores

Para acceder á nota de prensa, prema aquí


Instrucións para a realización da proba de acceso 2022

O día 25 de amio celébrase as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio 2022.

Publicación das sedes de celebración das probas de acceso a gro medio 2022

http://www.edu.xunta.gal/fp/acceso-grao-medio-convocatoria-actual

Publicación das sedes de celebración das probas de acceso a grao medio 2022.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut