Skip to Content

Orientación

Admisión a formación profesional de grao básico. Listaxes provisionais de solicitudes. Curso 2022-2023

Publicación das listaxes provisionais de solicitudes de admisión a FP de grao básico para o curso 2022-2023.

As listaxes garanten a confidencialidade dos datos persoais por iso cada persoa está identificada cun código persoal de consulta (CPC). O CPC é un código alfanumérico único para cada persoa que participa no proceso de admisión de FP. O CPC figura na folla de información importante do resgardo da solicitude de participación na admisión á formación profesional de grao básico. Calquera dúbida sobre a situación persoal neste proceso de admisión será resolta polo centro  no que se realizou a solicitude.

 

 

PRAZOS NO PROCESO DE ADMISIÓN NA FP BÁSICA 2022-2023

Presentación de solicitudes: 27 de xuño ao 6 de xullo ás 13:00 horas.

Publicación da listaxe provisional de solicitudes: 8 de xullo.

Reclamación á listaxe provisional de solicitudes: do 8 ata ás 13:00 horas do 12 de xullo.

Publicación da listaxe definitiva de solicitudes: 20 de xullo.

Publicación da adxudicación de prazas: 20 de xullo.

Matriculación das persoas con praza adxudicada: desde o 20 de xullo.

PRAZO DE SOLICITUDE PARA ADMISIÓN Á F.P 2022-2023

A presentación de solicitudes para o proceso de admisión á formación profesional 2022-2023 é do 23 de xuño ao 5 de xullo ás 13:00 horas.

A solicitude deberá realizarse mediante o asistente informático vía web para todos os réximes e graos, agás para o segundo curso do réxime ordinario.

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio. Cualificacións definitivas. Convocatoria 2022

Mar, 21/06/2022 - 09:59

Ordes de actualización da oferta de formación profesional para o curso 2022-23 e actualizacións de documentos de admisión

Mar, 21/06/2022 - 13:38

Oferta de formación profesional para o curso 2022-2023

Publicada no Portal FP a oferta de formación profesional sostida con fondos públicos polo réxime ordinario e polo réxime para persoas adultas en centros de Galicia, así como a oferta de cursos de especialización e de programas formativos básicos.

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE ESO AO RENDIMENTO ACADÉMICO

Convocados os Premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico

Oferta de formación profesional para o curso 2022-2023 e prazos do proceso de admisión

 

Resolución coas instrucións para o desenvolvemento do proceso de admisión a ciclos FP de grao básico 22-23

 

Publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia Resolución do 26 de maio de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento do proceso de admisión das ensinanzas de formación profesional de grao básico para o curso 2022/23.

“DIVERSIDADE SEXUAL, COÑECER PARA RESPECTAR E ACOMPAÑAR. PREVENCIÓN DO ACOSO LGTBIFÓBICO”

 

 

O obxectivo deste obradoiro desenvolvido o día 8 de xuño de 2022 e  destinado ao alumnado de 2º curso de E.S.O é sensibilizar, formar e impulsar a colaboración activa da comunidade educativa no coñecemento e valoración da diversidade afectivo-sexual para a mellora da convivencia, prevención da LGTBIfobia e a promoción da igualdade de oportunidades para todo o alumnado.

Distribuir contido