Skip to Content

Orientación

Amigos de Galicia

No día de hoxe, dúas voluntarias da fundación Amigos de Galicia achegáronse ao noso Centro para dar a coñecer ao noso alumnado a labor da Fundación na atención a persoas que se atopan en risco de exclusión social en Galicia e a súa loita contra a pobreza infantil. Fixeron fincapé na solidariedade e nas vías para ser voluntario/a ou colaborar coa fundación e coa contorna de xeito directo ou indirecto.

Charla de mediación

O vindeiro martes 9 de outubro ás 15.35 o educador familiar do Concello  Lois Díaz dará unha charla sobre a importancia da mediación para a convivencia no Centro, motivando ó noso alumnado a participar como mediadores.

"Vida" de Rubén Riós

 
O pasado 15 de xaneiro, o alumnado de 3º/4ºESO do IES de Cotobade asistiu á presentación do documental « Vida » de Rubén Riós.
 
O actor e produtor galego presentou o documental dentro do programa de artes escénicas organizado por Afundación.

Meu querido trampantollo

 

O IES de Cotobade foi anfitrión o pasado 18 de decembro da terceira intervención artística do programa "Mulleres en Acción. Violencia Zero" da Deputación de Pontevedra.

Para ver a nova no Faro de Vigo prema aquí

Para ver a nova en Pontevedra Viva prema aquí

Distribuir contido


by Dr. Radut