Skip to Content

PROBAS ACCESO CICLOS FORMATIVOS

 

 
Publicouse a Orde do 22 de decembro de 2016 pola que se convocan as probas de acceso a ciclos de Formación Profesional de Grao Medio e Superior para o ano 2017.

 

 

PRAZOS DE INSCRICIÓN  E REQUISITOS:

  • CICLOS MEDIOS: Entre o 13 e o 23 de marzo de 2017, ambos os dous incluídos,os requisitos son  non cumprir requisitos de acceso directo e ter alomenos 17 anos no 2017.
  • CICLOS SUPERIORES: Entre o 6 e o 15 de febreiro de 2017, ambos os dous incluídos, os requisitos son non cumprir requisitos de acceso directo e ter alomenos 19 anos no 2017.

NON NECESITAN PROBA: As persoas que posúan un título de Técnico Medio (Ciclo de grao medio) ou BUP teñen acceso directo aos ciclos de grao superior, non necesitan proba de acceso. (Consultar web da Consellería).
 
CONSULTAR EXENCIÓNS E DOCUMENTACIÓN: Orde do 22 de decembro de 2017. 
 
SOLICITUDE DE INSCRICIÓN:
  • En soporte papel na secretaría de calquera instituto de educación se­cundaria onde se impartan ensinanzas de ciclos formativos de formación profesional ou centros integrados de formación profesional (agás no CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro no caso da proba de acceso a ciclos de grao superior).  
DATAS E HORARIOS DA PROBA:

Lembrar que hai que acudir á proba co DNI e a copia do impreso de inscrición que se realizou.

1. As probas de acceso aos Ciclos de Grao Medio terán lugar o día 31 de maio de 2017 no horario que se indica a seguir:

  • Ás 9.00 horas: presentación. 
  • Das 10.00 ás 13.00 horas: parte matemática e parte sociolingüística. 
  • Das 16.00 ás 18.00 horas: parte científico-técnica



2. As probas de acceso aos Ciclos de Grao Superior terán lugar o día 20 de abril de 2017 no horario que se indica a seguir:



  • Ás 9.00 horas: presentación. 
  • Das 10.15 ás 13.30 horas: Parte común da proba (matemáticas, lingua galega e lingua castelá). 
  • Das 16.00 ás 18.30 horas: Parte específica da proba (materias específicas da opción vinculada ao ciclo formativo ao que se desexe acceder, segundo o anexo VII da resolución).
 

HORARIO ÚLTIMO DÍA DO TRIMESTRE

Podedes consultar a nota informativa co horario do último día do 1º trimestre no arquivo adxunto.

 

 Desexamos unhas Felices Festas a toda a comunidade educativa!

RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR

O día 4 de novembro tivo lugar a primeira reunión da Xunta Electoral que supervisará o procedemento de renovación do Consello Escolar do IES Chano Piñeiro de Forcarei. As decisións adoptadas foron as seguintes:

  • Publicar os censos electorais, que estarán dispoñibles no Centro para a súa revisión por parte dos membros da comunidade educativa.
  • Aprobar o calendario de actuacións (ver documento adxunto).

 Lembramos que as  prazas vacantes no Consello Escolar son as seguintes:

  • Representación do persoal non docente: 1
  • Representación dos pais/nais: 1
  • Representación do profesorado: 4
  • Representación do alumnado: 1

Aquelas persoas que desexen presentar a súa candidatura deberán cumprimentar o modelo que se adxunta e rexistralo na Secretaría do centro. O prazo para facelo empeza o 8 de novembro e remata ás 14 horas do día 19 dese mesmo mes.

 

Animarvos a participar!!

MODELOS AUTORIZACIÓNS CENTRO

Nos arquivos adxuntos podedes imprimir os modelos de xustificación de faltas, saída do centro o transporte escolar. Tamén están na secretaría do IES.

CALENDARIO 2016-2017

No DOG do 15 de xuño de 2016 podedes consultar o calendario escolar para este curso.

Ademáis serán non lectivos os días:

- 11 de novembro de 2016 ( festa local)

- 2 de maio de 2017 ( conveniencia pedagóxica)

Distribuir contido


by Dr. Radut