Skip to Content

Matemáticas

Departamento de matemáticas

Composición do Departamento de Matemáticas e programación didáctica

No curso 2022/23 o Departamento de Matemáticas do IES Chano Piñeiro está formado polo seguinte profesorado:

  • María Jesús Goldar Souto (xefa do departamento)
  • Alejandro Casas López
  • María Nieves Martínez Puga

1º ESO Matemáticas

O alumnado de 3º da ESO gaña o concurso Matemáticas na Raia 2023!

Matematicas_na_Raia

O alumnado de 3ºESO do IES Chano Piñeiro de Forcarei resultou o equipo galego gañador do concurso de resolución de problemas Matemáticas na Raia 2023, organizado pola Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) xunto coa Associação de Professores de Matemática (APM) de Portugal.

IMATXINA 2020

O alumnado de 1º e 2º ESO visitou a XVI Edición de IMATXINA organizada pola fundación Rosalía de Castro en colaboración co Concello de Vigo. Na súa visita, os alumnos e alumnas disfrutaron de nove obradoiros didácticos de matemáticas manipulativas. 

 

  

Poesía Matemática

O alumnado de 1º Bacharelato recitanos o poema Número e de Estíbaliz Espinosa dentro da actividade desenvolvida polo EDLG do centro,  Verso a Verso

Preme na imaxe para acceder ao poema.

Día PI

O vindeiro luns será 14 de marzo. Un día que está marcado en vermello no calendario dos amantes das matemáticas. Por que?  Aínda non caíches na conta? 

Claaaro! O Día PI!

Lembras as actividades que desenvolvemos no curso pasado? Bótalle un ollo premendo aquí!

Distribuir contido


by Dr. Radut