Skip to Content

Física e química

Departamento de física e química

Composición do Departamento de Física e química, e programación didáctica

No curso 2022/23 o Departamento de Física e química do IES Chano Piñeiro está formado polo seguinte profesorado:

  • María García Chao (xefa do departamento)

2º ESO Física e química

3º ESO Física e química

A que altura está o ceo?

Hoxe recibimos a visita do Catedrático de Electromagnetismo no Departamento de Física Aplicada da USC, Jorge Mira para impartirlle ao alumnado de bacharelato a conferencia que leva por título A qué altura está o ceo?

Esta actividade forma parte do I Ciclo de Conferencia Aída Fernández Ríos organizadas pola Real Academia Galega de Ciencia e a Deputación de Pontevedra.

  

  

Física Re-Creativa

Hoxe visitounos o profesor da Universidade de Vigo José Benito Vázquez para impartirlles ao alumnado de 4º ESO e Bacharelato unha charla interactiva que tiña por título Física Re-creativa; unha maneira lúdica de achegarse aos segredos da luz.

  

 

Mil millóns de ollos para mil millóns de estrelas

Dentro dos actos de conmemoración do 10º aniversario do Observatorio Astronómico de Forcarei, os corredores do noso centro acollen estes días a exposición divulgativa itinerante sobre o satélite GAIA da Axencia Espacial Europea titulada Mil millóns de estrelas para mil millóns de ollos. Nela móstrase, a través de diferentes paneis, as propostas de distintos científicos europeos para medir as posicións, as distancias e movementos de mil millóns de estrelas.


Esta exposición, complementa a outra que se pode visitar ata o 11 de outubro no Concello de Forcarei que leva por nome 400 lúas emocionadas do catedrático de Escultura da Facultade de Belas Artes da Coruña Juan Fernando de la Iglesia.

Distribuir contido


by Dr. Radut