Skip to Content

Lingua galega e literatura

Departamento de lingua galega e literatura

Composición do Departamento de Lingua galega e literatura, e programación didáctica

No curso 2022/23 o Departamento de Lingua galega e literatura do IES Chano Piñeiro está formado polo seguinte profesorado:

  • Clara Isabel Iglesias Cortizo (xefa do departamento)

1º ESO Proxecto Competencial

1º ESO Lingua galega e literatura

Día de Rosalía 2020

Nasín cando as plantas nasen

no mes das flores nasín.

O día 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía, coincidindo coa data do aniversario do seu nacemento. Nesta ocasión, tomando como referencia para homenaxear a autora un dos elementos que Rosalía puxo en valor na súa obra: a nosa natureza e a nosa paisaxe. Sentíase ofendida porque os de fóra se atrevesen a dicir que Galiza é un país feo e rudo e por iso na súa obra van aparecer árbores, plantas, herbiñas, flores, froitos..., que actúan como símbolos de identificación co país. Diso vai a exposición que adorna o corredor principal do noso centro estes días e foi o fío condutor do acto central que tivo lugar o venres 28 de febreiro.

IMAXES E INFORMACIÓN

VÍDEOPOEMA ALUMNADO 1º ESO

 

Visita á exposición "Galicia, un relato no mundo"

O alumnado de 3º ESO, 4º ESO e 1º Bacharelato achegouse á Cidade da Cultura de Santiago de Compostela para facer unha visita guiadá á exposición Galicia, un relato no mundo. na que puideron descubrir de primeira man parte da nosa historia de do noso patrimonio cultural. Esta actividade complementouse con outra visita guiada á Colexiata do Sar.

        

 

Distribuir contido


by Dr. Radut