Skip to Content

EDLG

Equipo de dinamización da lingua galega do IES Chano Piñeiro

Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Chano Piñeiro

No curso 2023/24 o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Chano Piñeiro está coordinado por:

  • Alejandro Casas López

Benvida

A partir do curso 2012-2013 habilitamos a sección de ENDL na paxina Web Dinámica do IES. Chano Piñeiro.

 

Toda a información sobre as actividades, propostas ou novidades do Equipo poderalas seguir no noso blogue:

Lingua de Montes

 Lingua de Montes

 

 

Día de Rosalía no IES Chano Piñeiro

Un ano máis celebramos o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Seguramente vos chamará a atención a mudanza de día, pois  ata o de agora esta conmemoración realízabase o 24. O cambio débese a que recentes investigacións demostraron que había un erro na data de nacemento da nosa poeta. Atopáronse documentos que demostran sen dúbidas que Rosalía de Castro naceu en Santiago de Compostela o 23 de febreiro de 1837.

Este ano titulamos a nosa celebración A fauna rosaliana. Queremos agradecer moi especialmente a colaboración das profesoras de plástica e mais de todos e todas os que realizastes os fermosos debuxos de animais e bichiños, pois soubestes poñer imaxes e cores á poesía de Rosalía. Eses debuxos, xunto cos poemas rosalianos,  son a base deste acto, da exposición e dos marcapáxinas.

 

UMIA e LÉREZ

Presentamos o 1º número de UMIA e LÉREZ, revista editada polo EDLG do centro na que se plasman as viaxes pola nosa contorna que realizou durante este curso o alumnado de 1º ESO todo co dobre obxectivo de dar a coñecer e de por en valor o noso patrimonio.

  

Conferencia sobre Xela Arias

Conéctate á conferencia sobre Xela Arias que impartirá Marga Romero no noso centro a partir das 13:25 horas.

Preme na imaxe

 

Distribuir contido


by Dr. Radut