Skip to Content

RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR

O día 4 de novembro tivo lugar a primeira reunión da Xunta Electoral que supervisará o procedemento de renovación do Consello Escolar do IES Chano Piñeiro de Forcarei. As decisións adoptadas foron as seguintes:

  • Publicar os censos electorais, que estarán dispoñibles no Centro para a súa revisión por parte dos membros da comunidade educativa.
  • Aprobar o calendario de actuacións (ver documento adxunto).

 Lembramos que as  prazas vacantes no Consello Escolar son as seguintes:

  • Representación do persoal non docente: 1
  • Representación dos pais/nais: 1
  • Representación do profesorado: 4
  • Representación do alumnado: 1

Aquelas persoas que desexen presentar a súa candidatura deberán cumprimentar o modelo que se adxunta e rexistralo na Secretaría do centro. O prazo para facelo empeza o 8 de novembro e remata ás 14 horas do día 19 dese mesmo mes.

 

Animarvos a participar!!

AdxuntoTamaño
CANDIDATURA NAIS-PAIS.pdf127.58 KB
CANDIDATURA NON DOCENTE.pdf119.12 KB
CANDIDATURAS ALUMNADO.pdf119.11 KB
CANDIDATURA PROFESORADO.pdf118.73 KB
CALENDARIO 1.pdf146.32 KB


page | by Dr. Radut