PRAZOS DE INSCRICIÓN E REQUISITOS:
- CICLOS MEDIOS: Entre o 13 e o 23 de marzo de 2017, ambos os dous incluídos,os requisitos son non cumprir requisitos de acceso directo e ter alomenos 17 anos no 2017.
- CICLOS SUPERIORES: Entre o 6 e o 15 de febreiro de 2017, ambos os dous incluídos, os requisitos son non cumprir requisitos de acceso directo e ter alomenos 19 anos no 2017.
- En soporte papel na secretaría de calquera instituto de educación secundaria onde se impartan ensinanzas de ciclos formativos de formación profesional ou centros integrados de formación profesional (agás no CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro no caso da proba de acceso a ciclos de grao superior).
- Via web na seguinte aplicación: https://www.edu.xunta.es/ciclosprobas/PaxinaInicio.do que estará activa durante o prazo de inscrición. Poderase cubrir a solicitude a través da aplicación dispoñible desde a páxina web http://www.edu.xunta.es/fp, que xerará a solicitude que a persoa interesada deberá imprimir e posteriormente presentar no centro de inscrición.
Lembrar que hai que acudir á proba co DNI e a copia do impreso de inscrición que se realizou.
1. As probas de acceso aos Ciclos de Grao Medio terán lugar o día 31 de maio de 2017 no horario que se indica a seguir:
- Ás 9.00 horas: presentación.
- Das 10.00 ás 13.00 horas: parte matemática e parte sociolingüística.
- Das 16.00 ás 18.00 horas: parte científico-técnica
- Ás 9.00 horas: presentación.
- Das 10.15 ás 13.30 horas: Parte común da proba (matemáticas, lingua galega e lingua castelá).
- Das 16.00 ás 18.30 horas: Parte específica da proba (materias específicas da opción vinculada ao ciclo formativo ao que se desexe acceder, segundo o anexo VII da resolución).