Dirección

INICIO DO CURSO 2019/2020

   

Lembrade que o vindeiro luns 16 de setembro comezan as clases do curso 2019/2020 no horario habitual de 8:45 a 14:15.

Ese mesmo día comezarán os servizos de transporte e de comedor.

Tags: Dirección

RECOLLIDA DE NOTAS E MATRÍCULA EXTRAORDINARIA DE SETEMBRO

 

Lembrade que os boletíns de cualificacións correspondentes á convocatoria extraordinaria de setembro entregaranse o vindeiro venres día 6 de 9:30 a 11:30 horas.  Ademais, todo o alumnado que teña en préstamo libros do fondo solidario terá que devolvelos ese mesmo día.

 

Por último, informar que o prazo de matrícula de setembro remata o vindeiro martes día 10.

 

Tags: Dirección

CONVOCATORIA BOLSAS MEFP PARA ESTUDOS POSTOBRIGATORIOS 2019/2020

O Ministerio de Educación e Formación Profesional publicou o pasado 31 de xullo a convocatoria para a solicitude de bolsas de estudos de carácter xeral para o curso 2019/2020 correspondentes aos estudos postobrigatorios (Bacharelato e Universidade).

Os prazos para a presentación das solicitudes son os seguintes:

  • ESTUDOS NON UNIVERSITARIOS: do  1 de agosto ao 1 de outubro de 2019
  • ESTUDOS UNIVERSITARIOS: do 1 de agosto ao 15 de outubro de 2019.

Tedes toda a información na seguinte ligazón 

 

 Ademais, informar que tamén está aberto o prazo para solicitar as axudas para os alumnos con necesidade específica de apoio educativo e o prazo de solicitude vai do 28 de xullo ao 26 de setembro de 2019 (ámbolos dous inclusive). Toda a información referida a estas axudas tédela na seguinte ligazón.

Tags: Dirección

Calendario exames convocatoria extraordinaria de setembro 2018/2019

No arquivo adxunto podedes consultar as horas e dias dos exames da convacotoria extraordinario de setembro do curso 2018/2019.

Tags: Orientación, Dirección

Axudas para libros e material escolar 2019-2020

Para consultar as axudas para libros e material escolar e acceso ao fondo solidario 2019-2020 podedes pinchar na seguinte ligazón.

Máis información na secretaría do centro.

Tags: Orientación, Dirección

ABAU 18/19

Podedes atopar no enlace inforcación sobre convocatoria e calendario ABAU.

Tamén na mesma páxina atoparedes toda a información necesaria para o acceso a estudos universitarios.

Para máis información acudide ao departamento de orientación.

Tags: Orientación, Dirección

Programacións dos Departamentos 2018-19

Nos arquivos que se achegan pódese consultar as diferentes programacións dos departamentos do IES. Lembramos que está en soporte papel para consulta de quen quixese na secretaría do centro.

Tags: Dirección

PROBAS ACCESO CICLOS FORMATIVOS 2019

No arquivo adxunto está o calendario para as probas de acceso aos ciclos de formación profesional de grao medio e superior.

Máis información consultar no departamento de orientación ou www.edu.xunta.es/fp.

Tags: Orientación, Dirección

Listaxe definitiva de admitidos e excluídos fondo libros 2018-2019

Podedes ver no arquivo adxunto as listaxes de admitidos e excluídos fondo libros 2018-2019.

Tags: Orientación, Dirección

INFORMACIÓN DIRECCIÓN

No arquivo adxunto podedes ver a información do calendario extraordinario de setembro.

 

As actividades lectivas do curso 2018-2019 comenzan o luns, 17 de setembro, no horario habitual.

O luns, 17 de setembro xa funcionará os servizos de comedor escolar e transporte.

Tags: Orientación, Dirección