Skip to Content

Novas

Viaxe fin de estudos a Edinburgh alumnado ESA

O alumnado que cursa a ESA (ESO de adultos) organizou unha viaxe a Edinburgh (Escocia). No seguinte vídeo amósase un resumo da viaxe.


 

Xornadas do programa Atrévete

O programa Atrévete que se desenvolve no marco do Plan eduemprende vai dirixido a fomentar, motivar, e sensibilizar ao alumnado de educación primaria e educación secundaria obrigatoria no espírito emprendedor.

Esta acción establécese dentro dun ámbito de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, e a Asociación de Empresarios Seara, en favor do impulso da cultura emprendedora entre o alumnado e darlle a coñecer ao tecido empresarial da contorna.

Nos próximos días recibiremos as seguintes visitas:

Mércores 26 de abril: alumnado do CEIP Plurilingüe A Fraga

Venres 28 de abril: alumnado do CEIP Plurilingüe A Magdalena

Venres 12 de maio: alumnado do CEIP O Marbán

Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE). Curso 2022-2023

As probas libres de ciclos formativos teñen por finalidade permitir ás persoas participantes obteren directamente algún dos títulos de técnico ou de técnico superior de FP, sempre que demostren ter alcanzados os obxectivos establecidos na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, para a formación profesional, así como os fixados no currículo respectivo.

Máis información no seguinte enlace ou na Secretaría do centro.

Prazas ofertadas no Castro da Uz + info

Prazo para anotarse: do 17 ao 28 de abril (De quedar prazas vacantes poderíase anotar ata o 31 de maio.) + info

Semana de acollida do Programa EduExchanges de intercambios escolares

O sábado 25 rematou a semana de acollida do grupo de estudantes e profesorado do Collège da localidade francesa Arzacq-Arraziguet.
Foi unha bonita experiencia de intercambio de costumes e tradicións entre os nenos e as familias pontesas e francesas. Entablaron boas relacións e crearon vínculos perdurables. Visitaron  lugares emblemáticos da zona como as Fragas do Eume, a Catedral de Santiago, o Museo do Pobo Galego… E  sobre todo,  aproveitaron  a oportunidade para manter, comprender e practicar a lingua francesa e os contidos aprendidos nas aulas.
Días inesquecibles!!

Becas para estudar - Curso 2023-2024

O Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEFP) publicou, no BOE do 17/03/2023, o Anuncio da Convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2023/24 para estudantes que cursen estudos postobrigatorios.

- Prazo de solicitudes para o curso 2023-2024: do 27 de marzo ao 17 de maio de 2023.
- Procedemento exclusivamente telemático a través da Sede Electrónica do MEFP:
- https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html

Programa EduExchanges de intercambios escolares con outros centros educativos

Do luns 20 ao sábado 25 de marzo de 2023 visitaron As Pontes 23 alumnos/as e 2 profes do Collège  da localidade francesa Arzacq- Arraziguet, dentro do programa de intercambios escolares con outros centros educativos EduExchanges da Consellería de Educación. Visitaron o centro e realizaron diferentes visitas polo lugares máis emblemáticos da zona. Participa o noso alumnado de Francés do centro. 

Planing intercambio Collège Arzacq-Arraziguet - IES Plurilingüe Castro da Uz

Distribuir contido


by Dr. Radut