![]() ![]() ![]() |
||
Teléfonos do centro: 881930001 - 881930002 ou 650858937
O móbil só para cousas moi urxentes
|
![]() |
|
NOVAS |
Data Actualización |
|
PROGRAMA FROITA NA ESCOLAUn ano máis, o noso centro participa no "Programa Froita Fresca", polo que a partir do luns 18 de xaneiro e durante dez días, teremos froita fresca e variada nos recreos, respectando as medidas de hixiene imprescindibles neste momento.
|
18/1/2021 | |
Charla USC: "A pandemia da Covid-19. Que aprendemos? Que nos agarda?Martes 12 de Xaneiro4º ESO. De 10:10 h a 11:00 h. Salón de Actos. Plataforma dixital CF. INFORMÁTICA. De 11:20 h a 12:10 h. Salón de Actos. Plataforma dixital |
7/1/2021 | |
Encontro Literario co escritor Xesús FragaLuns 11 de Xaneiro1º ESO. De 10:30 h a 11:20 h. Salón de Actos 2º ESO. De 12:30 h a 13:20 h. Salón de Actos 3º ESO. De 11:20 h a 12:10 h. Salón de Actos |
7/1/2021 | |
Vacacións de NadalEstimadas familias e alumnado: Despois de todo un trimestre de clase chegamos a este merecido descanso de Nadal con bos resultados no que ten que ver coa contención da pandemia dentro do instituto. Isto é froito da responsabilidade colectiva, tanto dentro do centro coma no ámbito familiar. Debemos seguir insistindo nas medidas de precaución para poder afrontar o segundo trimestre con éxito. Temos que protexernos disto todos xuntos, paso a paso, e aínda queda un longo camiño por andar ata voltar á desexada normalidade. No nome de todo o equipo profesional do IES Plurilingüe Castro da Uz desexámosvos unhas Boas Festas!!!. Unha aperta e moita saúde!!! Vémonos o vindeiro venres, 8 de xaneiro de 2021.
Postal de Celia Alvariño, 3º ESO
|
21/12/2020 | |
Charla: "A situación do lobo en Galicia"Mércores 16 de Decembro1º ESO. De 13:20 h a 14:10 h. Salón de Actos ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica en Galicia) dará unha charla sobre a situación e a conflictividade do lobo en Galicia, que desminte determenados supostos e crenzas falsas. No vindeiro trimestre relizaremos a saída para visitar o foso do lobo que tiñamos prevista |
15/12/2020 | |
Gañadoras "Atrévete a ter unha idea"Como recordaredes, as gañadoras do concurso “Atrévete a ter unha idea” enmarcado no Programa Atrévete 2020 de fomento do emprendemento, no que participa por cuarto ano consecutivo o IES Plurilingüe Castro da Uz, son:
Por fin chegaron ao centro os agasallos para a súa entrega, polo que a semana pasada recibiron as súas novas tablets. Parabéns ás gañadoras e moitas grazas a todas as persoas participantes!!!
Animamos ao alumnado a participar tamén na edición deste curso!!!
|
||
Boas prácticas frente ao COVIDEstimadas familias: Dada a evolución da pandemia no noso concello, é preciso extremar as precaucións. Recordamos a necesidade de manter:
O momento que estamos a vivir no concello é complexo e preocupante, polo que como membros desta comunidade, debemos contribuír a minimizar os efectos da pandemia, evitando sufrimentos nas nosas familias e nas da veciñanza.
|
03/12/2020 | |
Convocatoria distribución máscaras alumnado ESORematado o prazo de presentación de solicitudes publícase a listaxe provisional de solicitudes. Pódese consultar en Secretaría ou chamando por teléfono ao 881930002. Nos vindeiros días procederase ao reparto das máscaras. |
30/11/2020 | |
"Día Internacional da eliminación da Violencia contra as Mulleres" Mércores 25 de Novembro Exposición de pegadas contra a violencia de xénero deseñadas polo alumnado.
|
24/11/2020 | |
Concurso Fotográfico IES Plr. Castro da Uz 2020 Desde o 24 de novembro ao 9 de decembro podes presentar as túas fotografías a este concurso. As mellores serán seleccionadas para o calendario de 2021 que publicará o instituto e ademais serán premiadas. Anímate, podes presentar dúas fotografias!! A temática das fotografías será: "LIXO-NATUREZA". Poden ser fotos reais ou montaxes, en cor ou branco e negro, preferiblemente en formato apaisado, e valorarase a orixinalidade, o reflexo do impacto que o lixo está a facer na natureza e a calidade artística da fotografía. O concurso está aberto a alumnado, profesorado e persoal non docente. Podedes consultar as bases do concurso na seguinte ligazón
|
24/11/2020 | |
Roteiro polas Fragas do Eume:"Descubrindo tesouros e maxia"Luns 23 de Novembro 3º ESO. De 9:20 h a 14:10 h. |
18/11/2020 | |
Convocatoria distribución máscaras alumnado ESOPublicouse a Orde pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado na ESO. Orde 6 de novembro (DOG 13-11-2020) Instrucións da Consellería 13-11-2020 Prazo de solicitude do 16 ao 27 de novembro IMPORTANTE: O alumnado beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2020-2021 (vale de 50€) NON TEN QUE FACER NADA. O resto de alumnado só terá que presentar a solicitude se cumpre algún dos requisitos do artigo 2.2 da Orde do 6 de novembro Máis información na Secretaría do centro ou nos teléfonos 881930001 - 881930002 |
13/11/2020 | |
Horarios espello 2020-2021Están publicados os horarios "espello" do alumnado en caso de que haxa un confinamento parcial (unha ou varias aulas) ou total (todo o centro). Podes consultalos no seguinte ENLACE |
12/11/2020 | |
Charla: Programa Educativo por unha Transición Ecolóxica. Parques Naturais e reserva de biosfera da provincia da CoruñaXoves 12 de Novembro 3º ESO. De 9:20 h a 10:10 h. Aula de Plástica |
10/11/2020 | |
Inspección medioambiental do río Madalena (Vilalba)Xoves 12 de Novembro Inspección/ limpeza do río Madalena de Vilalba co fin de coñecer a súa situación e realizar un informe do estado de saúde do mesmo. "Proxecto Ríos". 2º ESO. De 10:30 h a 14:00 h. Bus |
9/11/2020 | |
Actualización protocolo Covid-19Publicouse no portal educativo una nova actualización do Protocolo de adaptación ao contexto da covid-19 e Protocolo de prevención da transmisión da Covid-19 nas actividades extraescolares nos centros de ensino non universitario. Poden consultarse no seguinte ENLACE |
6/11/2020 | |
Almorzos SaudablesMércores 11 de Novembro
1º ESO: Segundo recreo. De 12:10 a 12:30h. Patio dianteiro 2º ESO: Segundo recreo. De 12:10 a 12:30h. Patio traseiro 3º ESO: Primeiro recreo. De 11:00 a 11:20h. Patio dianteiro 4º ESO e FP Básica: Primeiro recreo. De 11:00 a 11:20h. Patio traseiro
|
3/11/2020 | |
Inspección medioambiental do río Madalena (Vilalba)Martes 10 de Novembro Inspección/ limpeza do río Madalena de Vilalba co fin de coñecer a súa situación e realizar un informe do estado de saúde do mesmo. "Proxecto Ríos". 3º ESO. De 10:10 h a 14:00 h. Bus |
3/11/2020 | |
Obra de Teatro: "MATRIOSKAS"Luns 9 de Novembro Obra de teatro da cooperativa galega de artistas Charlatana, destinada á promoción da Igualdade entre o alumnado de ESO e FP Básica. Colabora ANPA Ronsel e ABRENTE. Terá lugar no salón de actos do noso centro nos seguintes horarios: 9:20 h : 3º ESO 10:30 h: 1º ESO 12:10 h: 4º ESO 13:20 h: FP Básica 16:20 h: 2º ESO
|
3/11/2020 | |
Máscaras galegas biodegradablesAchegamos un vídeo onde explica como se elaboran as máscaras proporcionadas a todos os membros da nosa comunidade educativa.
|
23/10/2020 | |
Programacións didácticas do curso 2020-2021Están publicadas nesta páxina web as programacións didácticas do curso 2020-2021 de cada departamento didáctico. Podes acceder a través deste ENLACE |
23/10/2020 | |
Reunións das persoas titoras coas familiasNos vindeiros días organizaremos as reunións de inicio de curso entre as persoas titoras e as familias. Xa vos informaremos a través de AbalarMobil. Serán por videoconferencia a través da aplicación Cisco Webex.
|
22/10/2020 | |
Eleccións ao Consello Escolar
Por Resolución do 22-10-2020 adíase a celebración das Eleccións para a renovación parcial bienal do Consello Escolar. Queda polo tanto anulada a elección de membros feita no día de onte para a constitución da Xunta Electoral. |
22/10/2020 | |
Días non lectivos - Curso 2020-2021Segundo establece a Orde que regula o calendario escolar para o curso 2020-2021, o Consello Escolar do centro acordou solicitar como días non lectivos: Luns 2 de novembro de 2020
Martes 18 de maio de 2021
Están pendentes da aprobación definitiva pola Xefatura Territorial de Educación
|
2/10/2020
|
|
Documentación Adaptación COVID-19 Curso 2020-2021Toda a documentación que iremos colgando en referencia á adaptación do centro ao contexto COVID-19, poderedes atopala no apartado "Documentación > PROTOCOLOS E DOCUMENTACIÓN COVID-19 (CURSO 20-21)" que se atopa no menú esquerdo desta páxina web. |
26/09/2020
|
|
Protocolo e Plans COVID-19Como xa sabedes, levamos traballando dende xuño para ter preparada a adaptación dos protocolos que nos indican as Consellerías de Educación e Sanidade ás singularidades do noso centro. Como tamén sabedes, contamos con espazos suficientes como para poder facer desdobres, polo que esta era a opción pola que sempre apostamos, garantindo deste xeito as medidas de distanciamento establecidas e tratando de evitar a toda costa o uso de mamparas. Finalmente conseguimos desdobrar moitas clases, aínda que nalgúns momentos teremos que facer uso de espazos máis amplos como é o caso do salón de actos. Ademais esta medida repercute directamente na calidade do proceso de aprendizaxe do alumnado, permitindo retomar con máis garantías os contidos pendentes do curso pasado e abordar os propios deste novo curso.
Aínda que é posible que algún deles sufra novas modificacións nos vindeiros días, deixamos a continuación as ligazóns a tres documentos nos que recollemos información de gran importancia no desenvolvemento desta nova etapa, que como sabedes comeza a vindeira semana.
Plan de Adaptación ao contexto COVID
|
18/09/2020
|
|
Inicio do curso
Mércores 23 de setembro:
1º ESO ás 8h30
2º ESO ás 8h30
1º Ciclos medios ás 10h30
ESA ás 16h20
Xoves 24 de setembro:
3º ESO ás 8h30
2º Ciclos medios ás 8h30
2º Ciclo superior ás 8h30
Venres 25 de setembro:
4º ESO ás 8h30
1º e 2º FPB ás 8h30
O alumnado esperará a ser chamado no exterior do centro con máscara, e sen formar aglomeracións. Empezarase no salón de actos ou no ximnasio cunha presentación por parte do equipo directivo e a persoa titora. A continuación subirán á aula que corresponda e empezará a clase.
|
17/09/2020
|
|
Entrega dos libros de texto de ESO
2º ESO: martes 15 de 10 a 13 horas 3º ESO: mércores 16 de 10 a 13 horas
4º ESO: xoves 17 de 10 a 13 horas
|
14/09/2020
|
|
Alumnado admitido en FP Básica
O luns 14 publicarase no taboleiro do centro a listaxe de alumnado admitido para 1º curso de FP Básica (No 2º curso xa está todo o alumnado admitido e matriculado). En 1º FPB Informática de Oficina: deberán consultar na Secretaría do centro En 1º FPB Mantemento de Vehículos: todo o alumnado está admitido PRAZO DE RECLAMACIÓNS: Do 14 ao 16 de setembro RESOLUCIÓN DAS RECLAMACIÓNS: 16 de setembro PRAZO DE MATRÍCULA: do 14 ao 17 de setembro COMEZO DAS CLASES EN 1º e 2º DE FP BÁSICA: 25 de setembro |
14/09/2020
|
|
Circular comezo de cursoNa seguinte LIGAZÓN podedes atopar nova información sobre a organización do vindeiro curso escolar 2020-2021.
|
11/09/2020
|
|
Convocatoria de becas para o curso 2020-2021
Está aberto o prazo de solicitude de bolsas e axudas para estudos postobrigatorios convocadas polo Ministerio de Educación para o curso 2020-2021: - Estudantes de FP básica e ciclos medios e superiores: ata o 1 de outubro.
- Estudantes de Escola Oficial de Idiomas: ata o 1 de outubro.
- Estudantes con necesidades específicas de apoio educativo: ata o 30 de setembro
Máis información neste ENLACE
|
7/09/2020
|
|
Admisión e matrícula en FP básica 2020-2021
Solicitudes de admisión: do 1 ao 11 de setembro Listaxe de admitidos/as: 14 de setembro
Requisitos de acceso a FPB:
- Cumprir 15 o 16 anos neste ano 2020
- Ter cursado 3º ESO ou, excepcionalmente, 2º ESO
- Ser proposto/a polo equipo docente
Ciclos de FPB ofertados no IES Castro da Uz:
|
Destacado
1/09/2020
|
|
Información comezo do curso 2020-2021O vindeiro 16 de setembro comezamos un novo curso cheo de inquedanzas, pero tamén de ganas de compartir, experimentar, aprender... Queremos que saibades que estamos a traballar para crear un entorno que vos ofreza a tranquilidade de saber que estamos a cuidar de toda a comunidade educativa seguindo as indicacións das Consellerías de Educación e de Sanidade. Podedes acceder a máis información, facendo click na seguinte LIGAZÓN
|
31/08/2020
|
|
Voltamos en setembro
Deixámosvos aquí 2 videos: un de promoción do centro e outro con toda a oferta educativa o centro.
CM Electromecánica de Vehículos +info |
Destacado
31/07/2020
|
|
Calendario de exames de setembro
Pincha neste ENLACE para acceder ao calendario de exames do mes de setembro para ESO, ESA, 1º de FPB e probas libres de ciclos. |
Destacado
18/08/2020
|
|
Vales de material - ESO
Os vales de material escolar de 50€, para as familias que teñan dereito a esta axuda, están dispoñibles dende hoxe para recoller na Secretaría do instituto, de 9:30 a 13:30 horas. A partir do 1 de setembro poderán recollerse os que faltan. |
16/07/2020
|
|
FP DUAL: Agradecemento
As empresas participantes no proxecto de FP Dual (Acebrón Calderería, s.l., Fitter Montajes Estructurales, s.l. e Prometal Tecnología e Innovación, s.l.) queren transmitir a todo o alumnado que participou no proceso selectivo o seu agradecemento polo alto nivel de participación neste proceso de selección, o interese mostrado e a implicación de todos os candidatos.
|
16/07/2020
|
|
FP DUAL: Selección
ATENCIÓN As probas de selección serán o 15 de xullo pola mañá. O horario xa está establecido. Dende o centro estase a realizar chamada telefónica a todo o alumnado implicado, pero no caso de non poder contactar, por favor consulta na Secretaría do Instituto, chamando por teléfono ao 881930002.
|
14/07/2020
|
|
Libros texto: Listaxe provisional solicitudes
Publicadas as listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas no fondo solidario de libros de texto para o curso 2020/2021 o 14 de xullo, no taboleiro de anuncios situado no interior do centro. As persoas solicitantes poderán acceder vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros empregando a Chave 365 ou un certificado dixital da FNMT.
Período de reclamacións: 2 días seguintes á publicación (15 e 16 de xullo).
As listaxes definitivas de solicitudes admitidas e excluídas farase, seguindo as mesmas canles, o día 14 de setembro de 2020.
|
14/07/2020
|
|
EDUEMPRENDE. Atrévete a ter unha ideaXa coñecemos as gañadoras do concurso “Atrévete a ter unha idea” do programa Atrévete 2020 de fomento do emprendemento, no que participa por cuarto ano consecutivo o IES Plurilingüe Castro da Uz, trátase de dúas alumnas de 1º ESO: NOA FERREIRO BELLAS LAURA VISPALIA DÍAZ Parabéns as gañadoras e grazas a todos os participantes!!!
Ao comezo do vindeiro curso teremos a entrega de premios.
Agradecemos enormemente a colaboración e participación da Asociación de Empresarios SEARA neste atractivo proxecto, así como á profesora Amparo Bermúdez e ao director José Antonio López que o coordinaron no centro.
|
04/07/2020
|
|
Axudas para material escolar do concelloO prazo de presentación remata o 13 de xullo, e deberán entregarse no rexistro municipal do concello. Podes descargar o impreso no seguinte ENLACE. |
1/07/2020
|
|
Impreso de transporte 2020-2021Podedes descargar neste ENLACE o impreso para o transporte, para entregar co sobre de matrícula. |
29/06/2020
|
|
Información Proceso Admisión Ciclos FormativosO vindeiro 25 de xuño comeza o periodo de admisión de Ciclos de FP. Podes acceder a toda a información que precisas na seguinte LIGAZÓN. Aquí podes consultar o Calendario do Proceso da Admisión
|
19/06/2020
|
|
Libros de texto para o curso 2020-2021
Na seguinte ligazón podes consultar a listaxe de libros de texto para o curso 2020-2021. LIGAZÓN A LIBROS DE TEXTO |
15/06/2020
|
|
Listaxes definitivas de alumnado admitivo en ESO
O luns 15 de xuño publícase no taboleiro de anuncios do centro a listaxe de alumnado admitido para cursar ESO no vindeiro curso 2020-2021. Prazo ordinario de matrícula PARA TODO O ALUMNADO DA ESO (tanto para o que xa está no centro como para o que vén novo), do 1 ao 10 de xullo repartidos da seguinte maneira:
Prazo extraordinario de matrícula (alumando con materias suspensas para setembro): 4 e 7 de setembro. |
14/06/2020
|
|
Probas libres para a obtención de títulos FP LOEAs probas libres teñen por finalidade permitir ás persoas participantes obter directamente algún dos títulos de técnico ou de técnico superior de formación profesional, sempre que demostren ter alcanzados os obxectivos establecidos na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, para a formación profesional, así como os fixados no currículo respectivo. Prazo de presentación de solicitudes: do 1 ao 12 de xuño As probas celebraranse na primeira quincena de setembro (O 7 e 10 de setembro) |
31/05/2020
|
|
Vídeo promocional IES PLURILINGÜE CASTRO DA UZ 2020
|
|
|
Recollida de Títulos en SecretaríaO alumnado que remataron os seus estudos de ESO, ESO de Adultos, Bacharelato e Ciclos de FP no curso 2017-2018, xa poden retirar o seu título na secretaría do centro, presentando o DNI. En caso de non poder retirar o seu título persoalmente, poderán autorizar a outra persoa, preferiblemente un familiar, mediante un escrito no que debeberá figurar o nome, apelidos e DNI da persoa autorizada, a cal deberá acreditar a súa identidade presentando o DNI.
|
27/05/2020
|
|
Xestións no centroRecordade que a Secretaría do centro, de momento, só está aberta en horario de mañá de 9:30 a 13:30 horas. No caso de acudir ao centro a facer calquera xestión, lembrade que hai que manter unha distancia de seguridade na fila e deberase vir provisto de mascarilla. Na entrada do centro hai un dispensador de xel hidroalcohólico á vosa disposición.
|
Destacado
23/05/2020
|
|
Reinicio Actividade LectivaAchegamos enlace ( http://www.edu.xunta.gal/portal/node/31084 ) á Resolución do 22-05-2020 pola que se reinicia a actividade lectiva presencial no curso 2019-2020, se determinan as instrucións para o que resta do presente curso e se adoptan medidas de prevención e hixiene para a reapertura parcial. Horario alumnado 2º curso ciclos que non accedeu á FCT
|
Destacado
23/05/2020
|
|
Fondo solidario de libros de texto 2020-2021Axudas para comprar material escolar
Apertura do proceso que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e a solicitude de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2020-2021.
Prazo de solicitude: dende 20-maio ata o venres 19-xuño-2020
Presentación de solicitudes: na Secretaría do Instituto ou por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal).
Teléfono de información 881 93 00 01 – 650 85 89 37
|
Destacado
20/05/2020
|
|
FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020
RICARDO CARVALHO CALERO
|
28/05/2020
1:44
|
|
INFORMACIÓN PROCESO ADMISIÓN CURSO 2020-2021
(SÓ PARA NOVO ALUMNADO)
Data límite: 18 de maio. Dado que este día é festivo no centro, só se recollerá documentación de forma presencial ata o venres 15 de maio, polo que o día 18, tan só se poderá realizar de forma telemática.
|
06/05/2020
|
|
CONCURSO ATRÉVETE A TER UNHA IDEA
O concurso "Atrévete a ter unha idea " do programa Eduemprende segue adiante.
O noso centro vai participar con todo o alumnado de 1ºESO que presentou as súas ideas.
|
15/05/2020
|
|
GALICIENCIA 2020
Debido a que xa se cubriron as 100 prazas dispoñibles para o 1º campamento tecnolóxico online de Galicia que promove Tecnópole... ‼️ VAISE CELEBRAR UNHA 2ª QUENDA do 20 ao 31 de xullo ‼️
|
12/05/2020
|
|
INFORMACIÓN 3º TRIMESTRE FAMILIAS
Comunicado para familias no que se explica o referente á 3ª avaliación deste curso
|
30/04/2020
|
|
DÍA DO LIBRO 2020
Aínda que este ano non puidemos gozar da tradicional viaxe do Día do Libro, o alumnado demostrou o seu amor pola lectura, deixándonos fermosas fotos!!!
|
23/04/2020
30/04/2020
|
|
DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA CASA
No Día da Educación Física, estamos orgullosos dos nosos nenos e nenas que seguen traballando dende as súas casas.
|
28/04/2020
|
|
DESENVOLVEMENTO DO 3º TRIMESTRE
Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
Fai un click AQUÍ
|
28/04/2020
|
|
AVISO: O alumnado da ESA que non asistía regularmente a clase, deberá poñerse en contacto cos seus profesores a través dos correos que figuran na web do centro de cara a informarse das tarefas que figurarán na aula virtual, e que deben realizar durante o período no que as clases presenciais estén suspendidas.
|
|
|
AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA DE ÁMBITOS PENDENTES DE ESA1 E ESA3 O alumnado de ESA 1 e ESA 3 interesado en ser avaliado na convocatoria extraordinaria de maio deberá poñerse en contacto co profesorado dos diferentes ámbitos antes do 1 de maio coa finalidade de informarlle das condicións desa avaliación. Fai un click aquí
|
||
VÍDEO PROFESORADO ADICADO AO ALUMNADO DO CASTRO DA UZ
O profesorado do IES Plurilingüe Castro da Uz segue ao voso carón e transmítevos unha mensaxe de ánimo e forza.
Volveremos estar xuntos. O valor humano é o que debe prevalecer nestes momentos!
Por se vos resultou complicado seguir o guión do vídeo, recollemos no seguinte texto o seu contido:
Desde hai uns días estamos a vivir unha situación que xamais imaxinamos e, para que todo se amañe tivemos que separarnos. Estamos aprendendo novos xeitos de comunicarnos, de ensinar e de aprender, de intentar seguir cara adiante o mellor que poidamos.
Botamos en falta a vosa ledicia, o voso balbordo e a vosa enerxía, escoitar os vosos problemas, as vosas queixas, si, tamén as botamos de menos e claro, solucionar as vosas dúbidas.
Todo vai pasar e isto chegará ao seu remate. Volveremos ás aulas, aos exercicios, ás preguntas, ás excursións, aos momentos de lecer que aínda que sexan dous sempre se vos fan curtos, e ás madrugadas que tanto nos custaban. Pero agora debemos ser responsables e quedar na casa, cumprir co que nos piden polo ben de todos e de todas.
É o tempo de demostrar que sabemos estar á altura da situación que nos tocou vivir, para que cando termine poidamos sentirnos orgullosos da nosa resposta, orgullosos da xente que fixo posible que volveramos á normalidade, e poidamos agradecerlles todo o que fixeron por nós.
Oxalá suceda pronto e nos encontremos cara a cara, ata daquela, tedes que saber que vos botamos en falta, e faremos o que poidamos para seguir adiante coas sesións de aula desde as nosas casas.
A toda a COMUNIDADE EDUCATIVA DO IES PLURILINGÜE CASTRO DA UZ...,
VOLVEREMOS A ESTAR XUNTOS!!!!!!! ÁNIMO E FORZA!!!!!!!!!!
|
|
|
|
||
PROTOCOLO DE SEGURIDADE AO ENTRAR NA CASA (23/03/2020)
Resulta de vital importancia seguir estes consellos... LIGAZÓN
|
|
|
ORIENTACIÓNS PARA FAMILIAS E ALUMNADO (16/03/2020)
Facilitamos unha serie orientacións para axudar no día a día ao alumnado e ás familias. Agardamos que vos sexan de utilidade.
Facede CLICK na seguinte LIGAZÓN
|
|
|
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES POR TRIMESTRE
Na seguinte ligazón podedes consultar as avtividades extraescolares desenvolvidas ata agora en cada trimestre
|
|
|
SOLICITUDE DE ADMISIÓN NO IES CASTRO DA UZ PARA ESO Este prazo é para o alumnado de 6º de primaria dun centro non adscrito ao IES Plurilingüe Castro da Uz e para aquel alumnado da ESO que queira cambiar de centro. O prazo para facelo é do 1 ao 20 de marzo de 2020, ámbolos dous incluídos (o 20 de marzo é un día non lectivo no centro e permanecerá pechado, por este motivo poderase entregar a documentación tamén o luns 23 de marzo). ATENCIÓN: PRORROGADO O PRAZO ATA UNHA SEMANA DESPOIS DE REANUDARSE AS CLASES. O CENTRO VAI ESTAR PECHADOS ESTOS DÍAS. Pódese facer polas seguintes vías: Entregando no centro o Anexo II que se pode obter desde a páxina web da Consellaría de Educación. A través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal (procedementos ED550A e ED550B) A través da aplicación web https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ Cada alumna ou alumno só pode presentar unha única solicitude de admisión. Na solicitude poderá indicar até seis centros na orde prioridade que desexe. A infracción desta norma (é dicir, a presentación de solicitudes en máis dun centro) determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle. O alumnado que xa está cursando estudos no IES Plurilingüe Castro da Uz ten garantía de permanencia neste centro educativo. En caso de presentar solicitude de admisión noutro centro distinto, deberá comunicalo por escrito, ao mesmo tempo, neste centro. O alumnado que fixera reserva de praza para outro centro e desexe solicitar admisión no IES Plurilingüe Castro da Uz debe presentar a renuncia no centro no que fixo a reserva de praza e acompañala coa solicitude de admisión. Para máis información consultar a páxina https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ A normativa que regula o proceso de admisión para o vindeiro curso 20/21 é o Decreto 254/2012 do 13 de decembro (DOG 26 de decembro de 2012) a Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG do 15 de marzo de 2013) coas modificacións introducidas na Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG do 1 de febreiro de 2017).
|
|
|
POSTOS ESCOLARES VACANTES: 26 febreiro 1º ESO: 6 2º ESO: 5 3º ESO: 0 4º ESO: 2
|
|
|
VIDEOS DE PROMOCIÓN DOS CICLOS FORMATIVOS
|
|
|
NOVAS DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA
Descarga do programa de Orientación ElOrienta actualizado ao curso 2019-2020 aquí
|
|
|
|
|
|
As programacións didácticas de todos os departamentos do instituto están dispoñibles para a súa consulta en Xefatura de estudos, tanto para estudantes como para as familias. |
|
|
![]() ![]() ![]() |
Good morning. As we can´t work together at school, I´ll send you some information about the way in which you can go on with your work:
"Interactive Student" en Burlington books. They will ask you for a Coupon Code which is on the inside cover of your textbook. There you can register yourself with your personal data or your parents or tutors´personal data(if you are under 14 ). Later, enter your course and choose the units you want to work on.
Buenos días. Como no podemos reunirnos para trabajar juntos, os envio información para trabajar vosotros desde casa:
Buscad en la página de Burlington Books “interactive student”y registraros metiendo un código que encontrareis en la contraportada de vuestro libro de texto (por ejemplo: F345 ZXY 2). Una vez ahí, introducid los datos personales vuestros o de vuestros padres o tutores, en caso de ser menores de 14 años. Aquí encontrareis material suficiente para ir trabajando cada tema y avanzar en la materia.
iNTENTAREMOS TRABAJAR JUNTOS EN EL AULA VIRTUAL DE NUESTRA WEB.