Skip to Content

Dinamización FP Dual

Dinamizador FP Dual

A Rede galega de dinamización da relación con empresas na FP actúa baixo a dirección e a coordinación da Subdirección Xeral de Innovación Profesional e Coordinación co Sistema Produtivo.

Esta rede está constituída por todos os centros integrados de formación profesional (CIFP) dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, e os institutos de educación secundaria (IES) que resultaronseleccionados, entre eles o IES Plurilingüe Castro da Uz.

A rede de dinamizadores actúa como punto de atención ao empresariado e  establece unha canle de comunicación directa entre administracións, centros educativos e empresas.

As funcións da persoa responsable da dinamización da relación con empresas son as seguintes:

  • Determinación de empresas e centros de traballo con disposición para desenvolverna súa empresa procesos de avaliación, recoñecemento e acreditación de competencias profesionais sobre as súas persoas empregadas.
  • Determinación de profesionais que desempeñan a actividade en empresas con capacidades e competencias para participaren nos procesos de avaliación, recoñecemento e acreditación de competencias profesionais.
  • Determinación de empresas e centros de traballo na zona de actuación para disposición de participar, xunto con centros educativos, na implantación de oferta de FP na modalidade dual.
  • Determinación de empresas e centros de traballo con disposición para participar, xunto con centros educativos, no desenvolvemento do módulo de Formación en centros de traballo.
  • Determinación de empresas e centros de traballo con disposición para participar en estadías de formación de profesorado na empresa.
  • Determinación de empresas e centros de traballo con disposición para desenvolver actuacións de formación, con base tanto nos elementos curriculares formativos existentes como nos elementos do Catálogo nacional de cualificacións ou de programas específicos axustados ás necesidades de formación que precisan as empresas.
  • Participación en feiras e eventos sectoriais de difusión da formación profesional, baixo a coordinación da Subdirección Xeral de Innovación Profesional e Coordinación co Sistema Produtivo.
  • Difundir no tecido empresarial do ámbito de actuación da súa dinamización, así como no ecosistema educativo e na cidadanía, os procesos de avaliación, recoñecemento e acreditación de competencias profesionais, a FP dual e calquera outra acción que impulse unha maior relación das empresas e dos centros de traballo cos centros educativos.
  • Divulgar a FP entre o alumnado doutros niveis educativos, para o que contarán coa colaboración dos centros en que se impartan estas ensinanzas, especialmente cos departamentos de orientación, co fin de favorecer a orientación vocacional e profesional.

A persoa que desempeña as funcións de dinamización da relación con empresas na FP (Antes Dinamizador da FP Dual) no IES Plurilingüe Castro da Uz é OSCAR PITA CORRAL

FP Dual (Grupo completo)

Que é a FP dual?

É unha modalidade de formación profesional que ten como finalidade a cualificación profesional das persoas nun réxime de alternancia de actividade laboral nunha empresa coa actividade formativa nun centro educativo.

A FP dual integra os tres piares que sustentan o proceso de formación dun profesional: formación curricular (específica do ciclo formativo), traballo na empresa e formación complementaria (específica para os procesos produtivos da empresa), combinando a asistencia do alumnado no centro educativo coa súa formación e o seu traballo na empresa.

Os centros e as empresas comparten as responsabilidades formativas para que as ensinanzas profesionais se adecúen ás necesidades do mercado laboral.

Cales son os requisitos para acceder á FP dual?

Para acceder a esta modalidade de FP é preciso cumprir os requisitos académicos que se requiren para acceder aos ciclos de grao medio e de grao superior, dispoñibles no enderezo www.edu.xunta.es/fp, na epígrafe “Coñece a FP”, e ademais:

  • Ter dezaoito anos ou máis no ano natural en que comece o ciclo formativo.
  • Carecer da cualificación profesional, obtida e recoñecida polo sistema de formación para o emprego ou do sistema educativo, requirida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou a ocupación obxecto do proxecto.
  • Non ter realizado con anterioridade un contrato de formación e aprendizaxe, e cumprir os requisitos establecidos na normativa laboral vixente para o poder efectuar.
  • Non ter superado ningún módulo profesional do ciclo formativo do proxecto solicitado, agás que fose cursando outro ciclo formativo.

Cal é o prazo para solicitar matrícula nun ciclo de FP dual?

Con carácter xeral, no mes de xuño de cada ano. Adicionalmente, en ocasións, pódese realizar a solicitude de matrícula noutros momentos do ano. No portal educativo www.edu.xunta.es/fp, na epígrafe " Coñece a FP ", dispós de toda a información dos prazos de solicitude e da oferta de FP dual.

Cal é a duración dun ciclo formativo na modalidade dual?

Nesta modalidade dual, os ciclos formativos poden distribuírse en dous ou en tres anos.

Cantas horas de formación se realizan na empresa?

Das 2.000 horas establecidas no currículo, un mínimo do 33 % deberase impartir coa participación da empresa.

Cal é o vínculo do alumnado de FP dual coa empresa?

O alumnado pode ter a condición de bolseiro ou ser contratado pola empresa mediante un contrato de formación e aprendizaxe. En calquera caso, o alumnado debe ser incorporado ao réxime xeral da Seguridade Social.

Percibe o alumnado de FP dual algún tipo de remuneración?

O alumnado percibe unha remuneración proporcional ao tempo de permanencia na empresa que non foi destinado á formación: tempo efectivo de traballo. Para o seu cálculo, utilizarase a contía establecida no convenio colectivo ou, de non existir, a contía do salario mínimo interprofesional.

Que vantaxes teño ao estudar un ciclo formativo na modalidade dual?

  • Recibirás unha remuneración desde o inicio do teu período de permanencia na empresa. Esta remuneración pode ir aumentando cada ano á medida que aumenta a túa competencia profesional.
  • Terás maior facilidade para a túa inserción no mercado laboral mediante a adquisición dunha titulación de formación profesional de xeito simultáneo á túa integración nos procesos produtivos da empresa

 

FP Dual (Réxime ordinario - 2º Curso)

Os ciclos de réxime ordinario poden cursarse, de ser o caso, no segundo curso polo réxime de FP Dual

  • Administración e Finanzas
  • Sistemas Microinformáticos e Redes
  • Electromecánica de Vehículos automóbiles

Dentro dos ciclos formativos de réxime ordinario, unha parte do alumnado terá a opción de realizar o segundo curso en modalidade dual, mentres o resto do alumnado continúa no centro.


O centro educativo ofrecerá algunhas prazas para realizar o segundo curso do ciclo en modalidade dual, incorporándose a unha empresa no período xaneiro-xuño. O alumnado que solicite unha destas prazas debe superar un proceso de selección que inclúe, entre outros, os seguintes requisitos:

  • Ter aprobado todo o primeiro curso
  • Ter aprobada a primeira avaliación do segundo curso.

A formación en modalidade dual de segundo ano desenvólvese nas seguintes condicións resumidas:

  • Seis meses de formación en empresa: no segundo ano do ciclo formativo, o alumnado de modalidade DUAL incorpórase a unha empresa no mes de xaneiro ata rematar o ciclo no mes de xuño. Neste tempo, o alumnado combina formación na empresa con traballo na mesma.
  • Cobrando unha remuneración: o alumno ou alumna recibe unha bolsa mensual por un importe mínimo de 450€ (50% do salario mínimo interprofesional) durante o período de formación na empresa.
  • Alta na Seguridade Social: O alumnado é incorporado ao réxime xeral da Seguridade Social.
  • Posibilidade de ficar contratado pola empresa: se ben o contrato de traballo non está garantido, unha vez que o/a alumno/a permaneceu na empresa durante seis meses, integrándose nos seus procesos produtivos e no seu equipo, son moitas as probabilidades de ser contratado/a por esta mesma empresa. En calquera caso, a formación e experiencia adquiridas melloran considerablemente a empregabilidade do alumno/a e facilitan a súa inserción laboral.
Distribuir contido


by Dr. Radut