Skip to Content

SPRING WEEK 2024

 

 

O programa de inmersión lingüística activa Spring Week desenvólvese de acordo co obxectivo e características que se especifican a continuación:

1. O obxectivo principal é proporcionar ao alumnado participante unha actividade de inmersión lingüística activa en lingua inglesa que lle permita desenvolver actividades comunicativas nesta lingua, nunha contorna de comunicación real, ao mesmo tempo que afondan en coñecementos relevantes doutras áreas e materias do currículo do seu nivel e etapa educativos. Así mesmo, contará con actividades que fomenten a actividade física, a socialización e o coñecemento cultural cunha metodoloxía adecuada ó seu nivel e etapa educativos.

2. O contido deste programa inclúe actividades académicas, de tempo libre e obradoiros cuxa finalidade é promover a convivencia entre o alumnado e a motivación pola comunicación en lingua inglesa, facendo uso de medios tecnolóxicos que favorezan a devandita aprendizaxe.

3. A metodoloxía será activa, lúdica e cooperativa e promoverá aprendizaxes significativas por parte do alumnado, incidindo na educación en valores democráticos e nos aspectos relacionados coa sostibilidade e o coñecemento da contorna, segundo se recolle nos obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030. (Enerxías renovables, produción e consumo responsable, cidades sostibles , acción polo clima).

No curso 2022-2023 solicitamos a participación neste programa e foinos concedido, polo que o alumnado de 1º ESO desenvolveu estas actividades  do 28 de maio ao 3 de xuño de 2023.

No curso 2023-2024 foinos concedido por segundo ano consecutivo. Desta vez participa o alumnado de 3º ESO do 21 ao 27 de abril de 2024.

Guía Spring Week 2024



page | by Dr. Radut