Concurso Fotográfico IES Plur. Castro da Uz 2018

Desde o 15 de novembro ao 30 de novembro podes presentar as túas fotografías a este concurso. As mellores serán seleccionadas para o calendario de 2019 que publicará o instituto e levarán premios ainda por concretar (colabora a ANPA Ronsel)

Anímate, podes presentar dúas fotografias!! 

A temática das fotografías será: "Reciclaxe". Poden ser fotos reais ou montaxes, en cor ou branco e negro, preferiblemente en formato apaisado, e valorarase a orixinalidade e a promoción da reciclaxe. Podes ver máis abaixo os requisitos das fotografías a presentar.

O concurso está aberto a alumnos e alumnas, profesores e PND.

BASES DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "RECICLAXE"

Poderán participar no concurso calquera alumno/a, profesor/a ou PND  do IES Castro da Uz no curso 2018-2019.

A temática do concurso será "Reciclaxe". Non se publicarán nin aceptarán arquivos con contidos contrarios ao dereito á honra, á intimidade persoal e familiar ou á propia imaxe das persoas, nin ningún outro que sexa contrario á legalidade vixente.

As fotografías deben presentarse en formato dixital. Deben ser arquivos JPG e o seu tamaño mínimo de 2000 píxeles x 2000 píxeles, preferiblemente en formato apaisado. O peso do arquivo non debe pasar dun máximo de 10 Megabytes (10MB). O nome do arquivo incluirá o nombre e primeiro apelido do autor e o título da fotografía, por exemplo: XoseLopez_reciclando.jpg

Cada fotografía enviarase por correo electrónico á enderezo ies.castrodauz@edu.xunta.es co asunto da mensaxe “Concurso de Fotografía 2019”.  Tamén se poderán presentar as fotografías nun pendrive entregándoo a Elena Hernández Ros (vicedirectora).

A presentación das fotografías suporá a aceptación e autorización ao IES Plurilingüe Castro da Uz  para a publicación das mesmas na súa páxina web, medios  dixitais, soportes en papel, catálogos etc. Ainda que se manteñen os seus dereitos de autor.

O periodo de envío de fotografías comeza o 15 de novembro de 2018 e remata o 30 de novembro de 2018, ambos inclusive.

Cada participante poderá presentar un máximo de 2 fotografías. Non se aceptarán fotografías realizadas por persoas distintas ao autor ou que non sexan propiedade do autor nin tampouco  fotografías que foran premiadas con anterioridade noutros certámenes ou concursos.

O participante manifesta e garantiza que é o único titular de todos os dereitos de autor sobre a fotografía que presenta a concurso e se responsabiliza totalmente de que non existan dereitos de terceiros nas obras presentadas, así como de toda reclamación de terceiros por dereitos de imaxe.

Formarase un xurado formado por tres profesores do instituto e/ou membros da ANPA e otorgaranse 1º, 2º y 3º premio entre as fotos presentandas polo alumnado.

Formarase un xurado formado por tres alumnos/as do instituto e otorgarase un 1º premio entre as fotos presentandas polo profesorado e PND.

Ademáais destas 4 fotografías premiadas elixiranse outras 8 para elaborar o calendario do 2019.

Os criterios de avaliación do xurado serán a creatividade, promoción da reciclaxe e a calidade artística da fotografía. Rematado o prazo de inscripción e envío de fotografías, o veredicto  do xurado terá lugar o 3 de decembro. 

Aceptación das Bases: O feito de participar no concurso supón a total aceptación das bases e dos termos e condicións. O participante declara que as fotografías que presenta a concurso cumpren estrictamente os requisitos sinalados nestas Bases.