Igualdade

Visita de Joshua Mateo

O pasado 23 de novembro dentro do ciclo de charlas sobre casos reais sobre violencia de xénero tivemos ocasión de falar con Joshua Alonso Mateo quen, con 25 anos, tivo que exercer de titor legal do seu irmán debido a o asasinato da súa nai a mans da súa exparella.

A súa vivencia pon de relevo que as vítimas neste tipo de violencias non son unicamente as mulleres.

 

Álbum: Curso 2022/2023 -> Visita Joshua Mateo

O Equipo de Igualdade contra a violencia de xénero

Este mes a rapazada do Equipo de Igualdade estivo traballando en lemas para loitar contra a violencia machista.

Elixe un e tíralle unha foto!!

Álbum: Curso 2022/2023 -> 25N bocadillos

Visita de Esther Buela Canteiro

Dentro dos actos conmemorativos do 25N hoxe visitou o noso instituto Esther Buela Canteiro coñecida en redes coma #galega_incorrecta. Defínise a si mesma coma divulgadora sobrevivinte das violencias machistas e veu contarnos a súa propia vivencia coma muller maltratada pola súa exparella e coma vítima da violencia doméstica exercida polo seu pai á súa nai durante a nenez. Ademais, a súa formación en Dereito proporciónalle unha visión das violencias exercidas no ámbito familiar que trascende ao ámbito lexislativo e xurídico.

 

Álbum: Curso 2022/2023 -> Visita Esther Canteiro

Visita de Noelia Míguez

O martes 22 de novembro comezamos coas diferentes actividades en relación coa conmemoración do Día da non violencia contra a muller. Nesta ocasión visitou o instituto Noelia Míguez (@noedorinda) que viu contar a súa propia vivencia coma muller maltratada. Agradecemos moito que compartise o seu testemuño e se mostrase tan preto do noso alumnado.

 

Álbum: Curso 2022/2023 -> Visita Noelia Míguez

Sexualización da vestimenta

A continuación podedes ver o traballo do alumnado de 2º PMAR sobre a sexualización da vestimenta dentro do Proxecta de Igualdade.

A proporcionalidade do corpo humano ao longo da historia

Outro traballo elaborado dentro do Proxecta de Igualdade, neste caso en Matemáticas orientadas ás ensinanzas académicas en 3ºESO C.

GUÍA SOBRE IDENTIDADE DE XÉNERO E PREVENCIÓN DE VIOLENCIAS MACHISTAS

Presentámosvos a nosa "Guía sobre identidade de xénero, prevención contra o maltrato e as violencias machistas". Neste documento elaborado polo grupo de traballo de Igualdade do centro podedes atopar información diversa para identificar a violencia de xénero e desemitificar o amor romántico. Tamén podedes achegarvos a cuestións básicas relacionadas coa identidade de xénero e as relacións afectivo-sexuais.

Agardamos que esta guía nos sirva de base como punto de partida para a información, a reflexión e a sensibilización destes temas no noso instituto. Asemade, esta será a unha das moitas iniciativas que levaremos a cabo nos próximos cursos para facer do centro un espazo seguro e tolerante.

 

Cambios no corpo da muller

Velaquí temos outro proxecto da man do departamento de Bioloxía feito polo alumnado de 3º ESO B dentro do Proxecta de Igualdade. Neste caso o alumnado traballou na observación dos cambios do corpo feminino ao longo da vida.

Álbum: Curso 2021/2022 -> Cambios no corpo feminino

A igualdade en publicidade

O departamento de Economía fixo unha interesante proposta de investigación ao seu alumnado de 1º de bacharelato sobre igualdade na publicidade, o tratamento da imaxe feminina nos medios, a hipersexualización da infancia...

Velaquí tedes os resultados nos arquivos adxuntos.

Publicidad infantil sexista

Igualdade na publicidade

A publicidade

A evolución do corpo feminino

Dentro do Proxecta de Igualdade o alumnado de 1º ESO realizou un traballo sobre a evolución do corpo das mulleres. Neste caso a actividade xurdiu da colaboración dos Departamentos de Bioloxía, Lingua Castelá, Debuxo e Inglés.

Álbum: Curso 2021/2022 -> Evolución corpo feminino
Distribuir contido