Igualdade

Carmen Avendaño e a coordinadora de ÉRGUETE, Elvira Rivas, colaboran connosco no Plan Proxecta 365 días pola Igualdade

As alumnas de 1º bacharelato entrevistaron onte, luns 3 de maio, a Carmen e Elvira. A entrevista transcurreu sobre diversos temas, por suposto a loita contra as drogas, pero tamén Carmen Avendaño fixo fincapé na importancia da movilización das novas xeracións para reivindicar os seus dereitos como mulleres e como traballadoras. Tamén quixo facer constar a importancia da muller na sociedade actual poñendo como exemplo a súa traxectoria na loita social e con todas as institucións socioculturais e mesmo políticas.

A conexión entre as nosas alumnas e a activista foi tan boa que acordaron un novo encontro para xuño. As propias alumnas organizarán o evento para que os seus compañeiros e compañeiras poidan coñecer tamén a Carmen Avendaño e aprender da súa inestimable experiencia e traxectoria.

Álbum: Curso 2020/2021 -> Carmen Avendaño
Distribuir contido