Igualdade

A regueifar polo 8M

Onte 8 de marzo, desde o obradoiro de regueifas do noso IES, queremos celebrar o Día Internacional das Mulleres e reivindicar un mundo igualitario e xusto. Aquí dous dos seus alumnos, Mateo e Iago vos deixan a súa regueifa.

 

 

CIBERVIOLENCIA DE XÉNERO NO IES CASTELAO

O pasado mércores 19 de xaneiro o alumnado de 1º ESO participou nunha obradoiro sobre violencia de xénero no novo contexto dixital da man de Haizea Álvarez.

Álbum: Curso 2021/2022 -> Ciberviolencia de xénero

Obradoiros de Cruz Vermella contra a Violencia Machista

O pasado xoves 25 de novembro, Día Internacional da Non Violencia contra as Mulleres, o alumnado de 1º ESO participou nuns obradoiros organizados por Cruz Vermella para traballar contidos sobre igualdade e violencia machista.

Álbum: Curso 2021/2022 -> Cruz Vermella 25N

Teatro contra a violencia machista.

O pasado martes 23 de novembro a Compañía de teatro aAntena veunos presentar o seu espectáculo pedagóxico teatral contra a violencia de xénero Golpes. A obra foi representada pola actriz Estíbaliz Veiga nun espectáculo unipersoal que tivo unha grande acollida polo alumnado de de bacharelato.

 

Álbum: Curso 2021/2022 -> Golpes 25N

Visita de Iria Vázquez

O pasado venres 26 de novembro visitounos Iria Vázquez, autora do libro Cómplices. Machismo constucional. Foi unha charla amena e intensa, coa participación do alumnado de 2º de bacharelato.

Grazas, Iria, polo teu feminismo, contundencia e claridade.

Álbum: Curso 2021/2022 -> Iri Vázquez

25N NO IES

Este 25N, ademais das exposcións que levan toda a semana no instituto, quixemos ter un xesto de reivindicación e apoio ás mulleres falecidas e ás súas familias.

Coma sempre, izamos os globos negros en representación de cada unha das vítimas da violencia machista deste ano e iluminamos de morado a entrada ao noso instituto. Expuxemos un rincón de obxectos diversos alusivos ás mulleres (zapatos, teléfono, roupas, fotografías, espello...) en representación da muller ausente. Tamén viñemos vestidas e vestidos de negro e puxemos unhas caretas alusivas á data.

 

Álbum: Curso 2021/2022 -> 25N no IES

Visita de Priscila Retamozo

O pasado mércores, 23 de novembro, seguindo coas actividades da semana do 25 N, estivo co alumnado de segundo da ESO, Priscila Retamozo. A coautora de "Comando Igualdade" impartiu un obradoiro sobre a violência de xénero nas redes sociais.

Álbum: Curso 2021/2022 -> Priscila 25N

Concerto de Sara Faro

Hoxe, dentro da programación da semana do  25-N contra as violencias machistas, tivemos o pracer de contar con Sara Faro. Voz preciosa, letras a favor da igualdade de xénero, comentarios que ilustran as cancións e nos falan do medo real que sentimos as mulleres pola noite, soas, ou dos espellos que nos torturan por non cadrar nun modelo imposto.

Dexámosvos cunha pequena mostra:

Exposición sobre o 25N dos traballos do alumnado

Durante esta semana na entrada do instituto poderedes ver unha exposición de vestidos de papel feitos polo alumnado de 4º ESO na clase de Expresión Plástica. Esta mostra é unha manifestación de rexeitamento á violencia exercida contra a muller.

Ademais, preparamos un recanto de obxectos simbólicos en lembranza das mulleres desaparecidas.

Por último, de modo informativo, colocamos un panel no que diversos códigos QR conducen a diferentes enlaces de interese: películas, documentales, páxinas web...

Álbum: Curso 2021/2022 -> Exposición Igualdade 25N

XA TEMOS PUNTO LILA

 

Que é?

O Punto Lila xorde no noso centro como unha vía para ofrecer información de forma permanente con temas relacionados co feminismo -entendemos por feminismo a igualdade entre homes e mulleres-.

A quen vai dirixido?

A toda a comunidade educativa que necesite información sobre malas prácticas amorosas, violencia de xénero, grupo LTGBI, acoso…

Como se vai xestionar?

Formaremos un Grupo Lila composto por alumnado e profesorado. A nosa idea é formarnos e formar ao alumnado para que no futuro podamos dar resposta as inquedanzas e dúbidas que poidan xurdir en torno ao feminismo e aos temas indicados anteriormente.

Haberá un buzón no que calquera membro da comunidade poderá pedir cita para facer unha consulta.

Este punto tamén estará aberto a exposicións ou avisos relacionados con este tema.

 Animádevos a participar.

Distribuir contido