Actividades 2016/2017

Reparto de froita (2ª semana)


Do luns 13 ao venres 17 de febreiro repartiremos froita entre o alumnado da ESO ao abeiro da actividade cofinanciada pola Xunta de Galicia e a Unión Europea, a través do FOGGA, que pretende fomentar o consumo de froita fresca entre os adolescentes.

Riscos de internet


Os días 9 e 16 de febreiro o inspector do corpo nacional de policía, Luis Alberto Luaces, impartiu charlas sobre os riscos de internet dirixidas a alumnado de 1º e 2º da ESO. Comentou algúns dos problemas cos que lamentablemente se están a atopar nas comisarías co uso  indebido de internet (compartir imaxes, insultos,...). Tamén houbo unha rolda de preguntas na que respondeu a dúbidas que prantexaron os alumnos.

Día da Ilustración: Miguelanxo Prado

                                      

            Entre os ilustradores actuais destaca sen dúbida a man de Miguelanxo Prado.

          Expóñense no vestíbulo con motivo do Día da Ilustración algunhas obras súas, libros ilustrados por el e mais algunha información arredor do seu traballo.

Ilustrámonos sobre Castelao

         

          O día 30 de xaneiro de 1886 nacía en Rianxo Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

          Desde 2014 celébrase en Galicia nesa data, cada 30 de xaneiro, o Día da Ilustración, recordando o seu nacemento.

        Xa que o noso instituto leva o seu nome, desde a biblioteca adicamos uns días a coñecelo un pouco mellor, sobre todo o alumnado novo no centro.

Seguindo o rastro do ouro negro galego


O luns 16 de xaneiro impartiu unha conferencia no noso centro Diego Casal, enxeñeiro de minas do Corpo de Enxeñeiros da Xunta de Galicia, sobre a extracción de estano e wolframio na primeira metade do século XX en varias minas galegas.

[Clica aquí para seguir lendo]

Reparto de froita (1ª semana)

Do luns 23 ao venres 27 de xaneiro repartiremos froita entre o alumnado da ESO ao abeiro da actividade cofinanciada pola Xunta de Galicia e a Unión Europea, a través do FOGGA, que pretende fomentar o consumo de froita fresca entre os adolescentes. Neste curso concedéronnos 3 semanas de reparto. A froita a repartir será a seguinte:

Luns e venres: Plátano
Martes: Pera
Mércores: Mandarina
Xoves: Mazá

Recreos enredantes


No primeiro recreo o alumnado que o desexe pode acudir ao salón de actos no que hai varios xogos (Xadrez, Tangram, Mikado, ...) cedidos pola Federación Galega de Xadrez.

Anímate a participar!

Lectura de Camilo José Cela

          Quince anos despois do falecemento de Camilo José Cela Trulock, premio Nobel de Literatura 1989, nacido en Iria Flavia (Padrón), onde constituíu unha fundación co seu nome para preservar o seu legado, sumámonos ao seu recordo.

                                      

          Non podendo abordar aquí a lectura dunha das súas grandes novelas, podemos alomenos coñecer a súa magnífica prosa e captar o hábil manexo que fixo do idioma nalgún destes contos que vos achegamos a continuación: Don Anselmo ou Un niño piensa.

 

 

DON ANSELMO                                                  Camilo José Cela
-------------------------------------------------------------------------------------------------
I
------------------------------------------------
Don Anselmo, ya viejo, me lo contó una noche de diciembre de 1935, poco más de un mes antes de su muerte, en el Club de Regatas. Era una noche lluviosa y fría, y en el Club no quedábamos sino don Marcelino, don David, don Anselmo y yo.
Don Marcelino y don David jugaban lentamente su interminable y cotidiana partida de chapó; la partida la ganaba, como siempre, don David, y don Marcelino, como siempre también, todas las noches, al ponerse el abrigo, exclamaba resignadamente:
--No sé lo que me pasa esta noche; pero estoy flojo, muy flojo...

Aniversario do pasamento de Camilo José Cela

 

          Hai quince anos, o 17 de xaneiro do ano 2002, falecía en Madrid Camilo José Cela Trulock.

          Foi escritor (novelista, poeta, dramaturgo, articulista  -colaborador predilecto de ABC-), pintor, actor, viaxeiro-vagabundo, axitador cultural...

          Naceu en Iria Flavia (Padrón) o 11 de maio de 1916.

          Continúa lendo para ver a súa biografía ou clica aquí se queres ler algún texto.

Distribuir contido