O xoves 9 e o venres 10 de marzo contamos coa presencia do Presidente da Academia Olímpica Española (AOE), Conrado Durántez, que impartiu dúas charlas invitado polo departamento de Educación Física en colaboración co Centro de Estudios Olímpicos da Universidade de Santiago de Compostela.
UN POUCO DE HISTORIA
O 8 de marzo celébrase en todo o mundo desde 1977 o Día Internacional da Muller. Conmemórase tamén desde as Nacións Unidas e é festa nacional en moitos países.
O Día Internacional da Muller refírese ás mulleres correntes como artífices da historia e afunde as súas raíces na loita plurisecular da muller por participar na sociedade en pé de igualdade co home.
[Clica aquí para seguir lendo]
O martes, 7 de marzo, un grupo de cincuenta e catro estudantes de 2º de bacharelato do IES Castelao, acompañados de 3 profesores dos departamentos didácticos de Lingua Galega e Lingua Castelá, fomos de excursión a Ourense e a Trasalba para realizarmos o roteiro d’A esmorga, na cidade das Burgas, e visitarmos a casa museo de Otero Pedrayo no lugar de Cima de Vila en Trasalba, concello de Amoeiro.
[Clica aquí para seguir lendo]
No vestíbulo podedes ver traballos de ilustración realizados por alumnado de 4º ESO en Plástica a partir de tres poesías das cales había que elixir unha.
Ao redor de San Valentín organizouse unha votación para escoller un poema de amor de Miguel Hernández.
O resultado foi o seguinte:
A xuízo dos 36 participantes, sacando os 9 votos que foron nulos (por non teren nome ou xustificación razoada ou por non indicaren ningún poema entre os posibles), estes resultaron os poemas con máis aceptación:
7 votos: Me tiraste un limón, y tan amargo
Este próximo venres 24 de febreiro cúmprense 180 anos do nacemento de Rosalía de Castro. Con motivo do seu Día, pódese ver no vestíbulo do instituto información sobre a vida desta muller pioneira, xunto coa interpretación gráfica feita polo alumnado de 1º da ESO dalgúns dos seus versos.
E para que na HORA DE LER do mércores día 22 se poidan escoitar as palabras de Rosalía, podedes picar aquí para ler algúns versos seus:
- Un fermoso poemiña dialogado de Cantares gallegos (1863), obra auroral da literatura galega moderna, libro que Rosalía lle dedicaba a "Fernán Caballero" o 17 de maio de 1863.
- O famoso "Negra sombra", pertencente a Follas Novas (1880).
Deste último podedes escoitar tamén a versión musical de Carlos Núñez e Luz Casal:
O 22 de febreiro iniciamos esta actividade que se enmarca dentro do programa da Consellería de Sanidade que pretende que o alumnado se afiance no hábito de almorzar, que siga unha dieta equilibrada e con variedade de alimentos de cara a cubrir as súas necesidades nutricionais e xerar actitudes e motivacións cara o coidado persoal que lles permita un desenvolvemento axeitado. O alumno recibe unha charla formativa e motivacional que se complementa co consumo dun almorzo saudable.
Agradecemos a colaboración do Supermercado Froiz da peatonal (Urzáiz, 225), que nos subministra de balde os produtos que consumirá o alumnado participante, e a da empresa PymesVending, que nos facilita gratuítamente parte da intendencia.
A organización corre a cargo do departamento de Educación Física, colaborando alumnado de 3ºESO, membros da ANPA e profesorado do IES.