Día da Ilustración: Miguelanxo Prado

                                      

            Entre os ilustradores actuais destaca sen dúbida a man de Miguelanxo Prado.

          Expóñense no vestíbulo con motivo do Día da Ilustración algunhas obras súas, libros ilustrados por el e mais algunha información arredor do seu traballo.


          Entre as obras de Miguelanxo Prado que se expoñen pódense ver desde a mascota do Xabarín Club, algúns dos seus famosos cómics como Trazo de xiz ou o último, Presas fáciles, ou as ilustracións feitas para obras literarias de autores galegos como Méndez Ferrín ou Manuel Rivas ou outras como do propio Cervantes.         

          El foi quen deseñou, por certo, o primeiro cartel para o Día da Ilustración, no ano 2014.