Actividades e Concursos

A Biblioteca coas Letras Galegas

          Como cada 17 de Maio, procuramos facer ambiente de festa para o día grande das Letras. Tanto no interior da biblioteca coma na entrada desta e igualmente no vestíbulo do centro podemos ver libros, imaxes e rótulos que fan referencia a esta celebración, que cumpre neste ano xa sesenta, pois deu comezo en 1963, ano do centenario de Cantares gallegos de Rosalía de Castro.

          Carteis dos que anunciaban as primeiras celebracións ata as máis recentes, breves explicacións dos homenaxeados de cada ano ata o 2022 -de Rosalía a Delgado Gurriarán-, a bibliografía de e sobre Francisco Fernández del Riego, a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas nesta ocasión...

          Participade nesta festa das nosas Letras da maneira que sexa: mirando, coñecendo, contando, escribindo, lendo...

Álbum: Curso 2022/2023 -> A Biblioteca coas letras galegas

Concurso Ilustrando a Castelao

          Despois da votación levada a cabo á vista dos traballos expostos, o xurado decidiu emitir o seguinte ditame:

. Na categoría de 1º e 2º ESO o traballo premiado foi o de SIMÓN PÉREZ SOTO, de 2º ESO-C

  Obtivo un accésit AURORA GASPAR IGLESIAS, de 1º ESO-C.

. Na categoría de 4º ESO recibiu o premio o traballo de ANTÍA ÁLVAREZ PILLADO

  Foi acredor a un accésit o de BREIXO MERINO GÓMEZ.

          Moitos parabéns !!

Fai voar a POESÍA

     Con este título desenvolvemos o 21 de marzo, DÍA DA POESÍA, unha actividade que consistiu niso, nin máis nin menos.

     Á volta do recreo lanzamos avións de papel con poemas impresos neles desde o primeiro andar, dirixidos ao alumnado que regresaba ás clases.

     Con sorpresa, recibíronos, recolléronos, léronos... Foi outra maneira de facer chegar a poesía nese Día: voando.

     Podedes ver un pequeno vídeo do "lanzamento":

Sorteo do 2º trimestre entre os lectores da biblioteca

           No sorteo que tivo lugar o luns 20 de marzo, xa rematado o segundo trimestre,    entre os lectores da biblioteca que devolven en tempo os libros prestados, resultou afortunada co vale de 25 € para libros a alumna de 1º ESO-C Daniela López García.

Álbum: Curso 2022/2023 -> Sorteo 2º trimestre lectores biblioteca

Arredor de Verne

          Con motivo da celebración do Día de Ler a Verne, na Hora de Ler do mércores 8 de febreiro, data de nacemento do autor de Vinte mil leguas baixo dos mares, propuxemos a lectura do capítulo 8 da segunda parte desta novela: "A baía de Vigo" nas aulas.

           Por outra parte, un grupo de 1º da ESO acudiu á biblioteca onde recibiron información sobre a vida e a obra do autor e tamén lemos entre todos unha versión adaptada dese mesmo capítulo da novela de Verne, tan vencellado á nosa cidade, feito que só era coñecido parcialmente polo  alumnado.

 

Álbum: Curso 2022/2023 -> Arredor de Verne

Coñecermos o Entroido galego

          Nos días previos ao Entroido puidemos coñecer como se celebra este en distintos lugares de Galicia grazas ao traballo feito hai varios cursos por alumnado de 2º da ESO que se colocou polos corredores.

          Algúns aproveitárono ben, como vedes!

Álbum: Curso 2022/2023 -> Coñecermos o Entroido galego

Día de Rosalía

       

     Para recordar a Rosalía de Castro, especialmente no seu día, 23 de febreiro, propoñemos a todo o alumnado que faga bo uso do seu móbil para montar un pequeno vídeo sobre algún texto dela. A seguir podedes ver en que consiste. 

     Animádevos a participar para conmemorar a esta pioneira das nosas letras e da nosa lingua. 

Club de lectura con Andrea Maceiras

O pasado día 1 de febreiro a escritora Andrea Maceiras visitou o Club de Lectura "A pé de obra" do alumnado do IES Castelao.
 
Mantivo con todos os membros do club e algún alumnado que tamén leron optativamente algún título seu unha suxestiva conversa que xirou sobre o título Que me pare o corazón se te esquezo, aínda que tamén apareceron referencias no diálogo a O que sei do silencio e Nubes de evolución.
Álbum: Curso 2022/2023 -> Andrea Maceiras

Chega o Entroido!

          Un ano máis toca comer e gozar da festa antes de que veña dona Coresma coas privacións, así que podemos escoller entre as moitas celebracións que se fan por Galicia para "entrar" (por iso se chama Entroido) mellor neste período. 

          Para coñecelas un pouquiño, hai polo instituto adiante pegados cartaces con moitas delas, de lugares ben distintos. É o resultado dun traballo feito por alumnado do centro coa que foi aquí profesora de Galego Liliana Carro, a quen lle agradecemos a cesión deste material.

          Viva don Carnal!

Distribuir contido