O 16 DE XANEIRO DE 2023, ÁS 19:O0 HORAS, CELEBRAREMOS a primeira sesión dO CLUB DE LECTURA COA VISITA De xesús fraga, CON QUEN MANTEREMOS UN DIÁLOGO SOBRE virtudes (E misterios), novela gañadora do premio nacional de narrativa, premio blanco amor de novela e PREMIO DA CRÍTICA GALICIA.
Neste curso que iniciamos un pouco ás présas, convocamos un ano máis o Concurso de Tradución.
Na modalidade de Bacharelato queda deserto.
Na modalidade de ESO, entre os máis de corenta participantes resultou gañadora, con pleno de acertos e sen erros de ningún tipo (nin ortográficos nin lingüísticos nin tipográficos), Ruth Iglesias González de 3º C.
Moitos parabéns a todos os participantes e, por suposto, á gañadora!!
Para celebrar o Día das Escritoras, este ano o 17 de outubro, no vestíbulo do instituto colocamos un papel en branco no que se puido escribir o nome dunha delas, coa finalidade de darlles, dalgunha maneira, visibilidade.
Por outra banda, desenvolvemos na biblioteca dúas sesións de lecturas (con 4º A e 4º C) de textos dos seleccionados pola comisaria do Día nesta edición, Carmen Domingo. Trataban arredor da guerra: o papel da muller nela ou a visión que ofrece. Pódense ler todos na páxina de bibliotecas escolares
Podedes ver imaxes…
De acordo con este calendario o alumnado de 1º da ESO puido coñecer a nosa biblioteca e recibir in situ información do seu funcionamento. Foi a primeiros deste mes de outubro.
Desde aquela tamén está dispoñible nesta páxina web a Guía da Biblioteca 2022/2023 para todos aqueles que precisen consultar algunha cuestión relacionada con ela.
E, se non, xa sabedes onde está!
O día 26 de setembro celébrase desde 2001 o DÍA EUROPEO DAS LINGUAS, establecido para preservar a riqueza da diversidade lingüística de Europa e potenciar a súa aprendizaxe.
O día 30 de setembro homenaxéase a san Xerome, patrón dos tradutores, no DÍA INTERNACIONAL DA TRADUCIÓN, coa fin de facer ver a importancia destes profesionais nun mundo cada vez máis globalizado.
Combinando as datas, propoñémosvos que vos fagades investigadores-tradutores por un breve tempo e participedes no CONCURSO da nosa biblioteca.
Aproveitamos tamén para homenaxear ao escritor Javier Marías quen, na súa derradeira columna de “La zona fantasma”, reivindicaba precisamente o traballo dos tradutores.
Hai dúas modalidades, unha para ESO (1º a 3º) e outra para 4º e BAC.
O prazo de entrega remata o 11 de outubro.
ANÍMATE!!
Este é o título dun poema de Florencio Delgado Gurriarán, o poeta valdeorrés homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, que alumnado de Plástica de 3º B plasmou creativamente nos debuxos que podemos contemplar no vestíbulo do instituto.
Parabéns pola súa realización, polas súas interpretacións e a quen os guiou nelas!
Neste mes que acaba celebramos as Letras Galegas.
Durante dúas semanas puidemos ver no vestíbulo carteis informativos sobre a vida e a obra do poeta valdeorrés homenaxeado este ano, Florencio Delgado Gurriarán. Tamén acompañamos esa mostra cunha referencia a todos os autores aos que se lles dedicou a festa desde o seu inicio no ano 1963, centenario da publicación de Cantares gallegos de Rosalía de Castro.
Os homenaxeados dos últimos dez anos foron retratados polo alumnado de 1º de bacharelato, baixo a dirección das súas profesoras de Lingua Galega, Helena e Vera.
O martes día 18 celebrouse no Paraninfo do instituto un acto no que alumnos de 1º de ESO recitaron varios poemas de Florencio Delgado Gurriarán e foron entregados os premios do concurso literario convocado polo departamento de Galego e o Equipo de Dinamización Lingüística. A parte musical correu a cargo do grupo de Pandeireteiras do IES Castelao.
Aínda poderemos ver axiña algunha outra mostra relacionada coa festa das Letras Galegas deste ano.
Estade atentos que vai pagar a pena!