ABAU ORDINARIA 2024

O proceso de matrícula nas probas ABAU na convocatoria ordinaria de 2024 para o alumnado de 2º de BAC que supere o curso na avaliación ordinaria de 2º de BAC realizarase entre os días 16 ao 20 de maio. E do 13 ao 17 de xuño para a convocatoria extraordinaria.

Prazo especial de matricula na convocatoria ordinaria: poderá matricularse no prazo especial de matricula da convocatoria ordinaria (respectivamente extraordinaria) o alumnado que obteña resolución favorable da súa reclamación ás cualificacións do Bacharelato ante a Xefatura Territorial correspondente. Poderá matricularse a través da aplicación NERTA, das 9:00h ás 14:00h do día seguinte a comunicación da resolución.

PROCESO DE MATRICULACIÓN:

  • Día 16 de maio, xoves: na secretaria do centro recollida de impresos e documentación ou descarga.Cumprimentación de impresos  e abono taxas. 
  • Días 16 e 20 de maio, xoves e luns: entrega de documentación na administración:

    • Xustificación abono de taxas (se non se pagou telematicamente en NERTA) ou documentación que acredite a exención deste pagamento.
    • Fotocopia do DNI
    • Impreso oficial de matricula ABAU debidamente cumprimentado.
    • Resgardo acreditativo de ter efectuado o pago para a solicitude do Título de Bacharelato.
  • Día 21 de Maio: Publicación provisional do alumnado matriculado a través da aplicación informática Nerta. Comprobación de datos e reclamaciónde posibles erros na matricula no centro ata as 14:00h deste mesmo día.
  • Día 23 maio: publicación en NERTA do alumnado matriculado.
  • Días 4, 5 e 6 de xuño exames ABAU da convocatoria ordinaria.
  • Día 13 de xuño: Xeración e Publicación on-line das actas de cualificacións provisionais da proba de ABAU (a partir das 20:00 horas).
  • Día 14 de xuño: o alumnado recibirá por correo a súa Tarxeta de Cualificación Provisional da ABAU. Para recibir a Tarxeta é necesario ter rexistrado un correo electónico en NERTA.
  • Días 14-18 de xuño: Solicitudes de “Revisión” ás cualificacións da proba ABAU (ata as 14:00 horas). Tres días contados a partir da data de publicación das cualificacións.
  • Día 20 de xuño: Publicación on-line das cualificacións definitivas despois da resolución das solicitudes de revisión a partir das 20:00h . Contra a resolución adoptada pola CIUG, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publiciación ante a propia CIUG.
  • Día 21 de xuño: o alumnado recibirá por correo a súa Tarxeta de Cualificación Provisional da ABAU no caso  de que se solicitara a revisión de cualificacións.
  • Días 21 e 25 de xuño: solicitude para ver os exames con revisión ata as 14:00h
  • Día 27 de Xuño ás 10:00h:  data para ver os exames solicitados.

INSTRUCIÓNS E DATAS IMPORTANTES:

IMPRESOS: 

  1. Impreso para o pago das taxas ABAU se non se fai online.
  2. Instrucións para o pago de taxas ABAU
  3. Impreso de prematrícula na ABAU: solicitar en administración do centro ou descargar AQUÍ.
  4. Impreso para o pago do título de bacharelato: solicitar en administración co resto da documentación ou ben descargar modelo AQUI. Para descargar o modelo premer en "INICIAR TASA", premer no candado aberto e despois en "DESCARGAR MODELO".

NOTA: Toda esta documentación tamén podedes recollela en administración.

VIDEO: