AS LENDAS

Traballo a desenvolver polo alumnado

Traballo utilizando fontes persoais: Recollida del lendas da Amaía

Realízase unha recollida de lendas pola contorna en equipo ou de xeito individual. Neste apartado houbo que escoller as lendas e desbotar outro tipo de material aportado como contos, feitos históricos, …

Recolléronse distintas versións da mesma lenda aportada por distintos informantes.

Repasouse a ortografía e mellorouse a redacción respectando sempre a maneira de falar do informante.

Finalmente o alumnado edita aquelas que foron seleccionadas.

Traballo utilizando bibliografía e webs

Preséntanse catro enunciados diferentes para que o alumnado elixa un. Será imprescindible manexar a bibliografía que se facilitou no apartado As fontes documentais así como sinalar de onde se colleu cada unha das lendas escollidas.

Segundo o traballo que se escolla co título da lenda facer unha pequena sinopse da mesma.

1.- Recoller cinco lendas de tema amoroso.

2.- Recoller cinco lendas que estean protagonizadas por mulleres.

3.- Recoller tres lendas de cidades asulagadas.

4.- Recoller tres lendas de tesouros escondidos en castros.