ESCOLA DE NAIS E PAIS IES DE BRIÓN

Prezadas familias,

         Convidámosvos a participar en dúas actividades que celebraremos no Instituto este mes de marzo e que dende a dirección do centro e a Anpa consideramos que poden ser de interese.

       O mércores 1 de marzo terá lugar unha charla sobre o BO USO DOS MÓBILES no ámbito educativo. Refrescaremos a memoria sobre a normativa que está vixente nestes momentos en conversa cunha representante da dirección do Instituto  e a avogada ANA CAMIÑO falaranos das implicacións legais que pode conlevar un mal uso das novas tecnoloxías. O encontro está pensado para solventar as dúbidas que poidamos ter nestes momentos sobre o emprego que poden ou non poden facer os nosos fillos e fillas dos dispositivos electrónicos.

         TERÁ LUGAR ÁS SEIS DA TARDE NO SALÓN DE ACTOS DO IES. A entrada é libre ata completar o aforo

         O mércores 8 de marzo celebraremos por fin a xornada de Educación Afectivo Sexual para as familias, unha actividade que quedou aprazada hai unhas semanas por causas alleas a nós. Dende o Centro QUÉROTE+, que se encarga de impartir o obradoiro, pídennos un límite de 25 participantes. Parte da xente que estaba anotada para a data inicial confirmou a súa asistencia para o 8 de marzo, pero aínda quedan prazas, así que, si vos apetece asistir, enviade un correo a anpaiesdebrion@gmail.com para inscribirvos, antes do 6 de marzo.

Esta segunda actividade celebrarase tamén no salón de actos do IES, pero ás CATRO E MEDIA DA TARDE.

 Grazas polo interese!

Un saúdo