SEMENTANDO LECTURAS: DO DÍA DO LIBRO AO DÍA DO MEDIO AMBIENTE

Enviado por Noela o Ven, 03/06/2022 - 18:02

No mes de abril, a biblioteca convidounos a coller libros en préstamo co aliciente de intercambiar posteriormente esas lecturas por plantas e árbores que plantariamos no noso centro. E foi todo un éxito!

Coa colaboración do concello preparamos os espazos para logo poder amadriñar e apadriñar estas novas plantas e árbores que xa forman parte do noso centro e nos van axudar a que a nosa contorna sexa máis verde. No video podedes ver algunhas das imaxes do proceso.

Moi orgullosas de que as nosas lecturas melloren a nosa contorna.