COMUNICACIÓN CONXUNTA DAS CONSELLERÍAS DE SANIDADE E EDUCACIÓN SOBRE A XESTIÓN DE CONTACTOS ESTREITOS COVID-19 NO ÁMBITO EDUCATIVO

O pasado 1 de marzo de 2022, tras a valoración da situación epidemiolóxica actual acordouse eliminar a recomendación de corentenar aos contactos estreitos a nivel comunitario.

Tendo en conta que os centros educativos non se enmarcan como ámbitos vulnerables, as actuacións a seguir neles serán as mesmas que a poboación xeral en canto á identificación e manexo de contactos estreitos: NON se realizará identificación dos contactos estreitos na poboación xeral e serán os propios casos os que deben informar aos seus contactos estreitos do diagnóstico de COVID para que extremen as medidas de prevención.

A definición de contacto estreito e o prazo para identificar contactos estreitos mantense, polo que comeza 2 días antes da data de inicio de síntomas (ou da toma de mostra nos casos asintomáticos) e remata no momento que comeza o illamento do caso positivo.

ARQUIVOS COA INFORMACIÓN NOS SEGUINTES ENLACES: