ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR CURSO 2021_22

Os vindeiros 23 e 24 de novembro terán lugar as votacións para elixir os novos membros do consello escolar.

  • O alumnado votará o día 23 pola mañá, no horario que determine a Xefatura de Estudos.
  • Nais, pais e titores legais votarán o día 24 de 16.30 a 19.30 da tarde, de maneira presencial no centro escolar.

Lembrámoslles que seguen sendo de aplicación as normas recollidas no protocolo da Consellería de Cultura, Educación e Universidade para a prevención da Covid-19, polo que pregamos manteñan en todo momento a distancia de seguridade.

  Por outra banda, a Xunta Electoral aprobou os censos electorais definitivos, que están expostos na administración do centro.