AXUDA MÁSCARAS COVID-19 PARA O ALUMNADO

Enviado por Dirección o Mar, 16/11/2021 - 11:35

Acábase de publicar a Orde do 21 de outubro de 2021, pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado en centros docentes públicos, dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ALUMNADO DESTINATARIO:

  • Alumnado beneficiario da axuda para adquirir material escolar.
  • Alumnado non beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero que cumple algún dos siguientes requisitos:
  1. Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €
  2. Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar.

ENTREGA DE SOLICITUDES E PRAZO:

  • O prazo para presentar as solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
  •   As solicitudes deberán presentarse presencialmente no centro docente onde estea matriculado o alumno utilizando o formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Este formulario de solicitude (anexo I) tamén estará dispoñible:

    a) No centro docente.

    b) No portal educativo, enderezo http://www.edu.xunta.gal

DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA:

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

 a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

 b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

1o. Certificado ou volante de convivencia.

2o. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

MÁIS INFORMACIÓN DETALLADAENLACE  ORDE DO 28 DE OUTUBRO DE 2021 (DOG

ANEXOS:       

 ANEXO I                ANEXO II     

AdxuntoTamaño
ANEXO I BO.pdf88.53 KB
ANEXO II BO.pdf122.86 KB


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.