O CURSO 20-21

Enviado por Dirección o Xov, 10/09/2020 - 09:13

CARTA ABERTA ÁS FAMILIAS:

Ante as información contraditorias que saen da Consellería de Educación; por un lado din nos medios de comunicación que nos dan a escoller entre:

-O desdobramento de grupos para poder ter 1,5 m de distancia,

-A instalación de mamparas e 1 m de distancia 

-A semipresencialidade.

E por outro dinnos, pola vía da Inspección educativa, que o a 1ª opción é a instalación de mamparas, aínda que teñamos aulas para eses desdobramentos. Ou sexa, que nada de escolla: obriga.

A Dirección do IES de Brión quere deixar claro o seguinte:

-Desbotamos a utilización de mamparas polo custo, polos problemas de limpeza, pola dificultade de mobilidade do alumnado, de escoita, de ventilación, etc.

-Consideramos que nada pode substituir ao ensino presencial e, polo tanto desbotamos a semipresencialidade.

-Temos aulas dispoñibles e queremos que nos dean os 4 profesores/as que solicitamos para facer os desdobramentos, en horario normal de mañás, e para facer todas as gardas que o Protocolo COVID da Consellería nos obriga a facer.

-Queremos unhas instrucións definitivas xa porque estamos fartas dos cambios de criterio da Consellería. Levamos moito tempo traballando para organizar o curso e a organización que facemos un día, non serve para o seguinte.

POR ÚLTIMO: Calquera medida que non sexa o aumento de profesorado e os desdobramentos, non será nunca por decisión nosa, senón por imposición da Consellería.

Grazas ás familias por apostar polo ensino público!

Recorden que o comezo do curso se adía ata o mércores 23, daremos máis información en canto poidamos a través da páxina web


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.