1º PREMIO EN DESAFÍOS STEM (PROGRAMACIÓN)

Por segundo ano consecutivo un proxecto do noso centro resulta galardoado no Premio de innovación educativa "Desafíos STEM: Programación, robótica e impresión 3D convocado pola Consellería de Cultura, Educacion e O. U.

O proxecto BrionXbot desenvolvido por alumnado de Tecnoloxía Industrial e Debuxo Técnico o pasado curso 2017/18 ven de obter o 1º premIo do Desafío Programación da categoría senior desta convocatoria.

O proxecto consistiu no deseño, fabricación, control e programación dun robot con patas articuladas inspirado nas esculturas cinéticas do escultor Theo Jansen.

BrionXbot é un robot de seis patas distribuídas en dous trens situados nos costados dun corpo central ou chasis. Cada tren está formado por tres patas articuladas montadas sobre un cigüeñal e ancoradas nun eixe fixo. A rotación do motor move estes mecanismos de tal xeito que os extremos das patas describen unha traxectoria cíclica de avance. Está dotado de diversos sensores que nos permiten recoller datos sobre distancias, temperatura, humidade e luminosidade. O Bluetooth e a pantalla LCD permiten ler e graficar os datos obtidos a través dun smartphone ou directamente no robot. Tamén é posible controlar os movementos do robot de modo remoto dende un teléfono móbil vía Bluetooth.

Este proxecto xa recibira no mes de xuño o 1º premio no concurso "Sensores 2018" que convoca Igaciencia.

Save

Save

Save