1º PREMIO EN "SENSORES 2018" DE IGACIENCIA

O alumnado de 1º de Bachateto de Tecnoloxía Industrial e Debuxo Técnico, ben de obter o 1º premio no concurso "Sensores 2018" que convoca Igaciencia e que conta co patrocinio do Concello da Coruña.

Este premio recoñece a calidade de BrionXbot, un robot deseñado, fabricado, controlado e programado integramente polo alumnado, inspirado nas esculturas cinéticas de Theo Jansen.

Este proxecto desenvolveuse como proxecto interdisciplinar dos departamentos de Tecnoloxía e Debuxo no último trimestre do curso e contou co soporte do Laboratorio de Formas Procesos e Materiais do noso centro, aberto este curso 2017/18 no contexto dos Contrato-programa da Consellería de Cultura, Educacion e O. U.

A entrega de premios tivo lugar o pasado xoves 21 de xuño no IES Ramón Menéndez Pidal - Zalaeta da Coruña.

Fátima Viqueira Barca e Alberte López Freire, que acudiron ao acto en representación do alumnado participante no proxecto, explicaron os aspectos máis salientables do mesmo e fixeron unha demostración do funcionamento do robot.

BrionXbot é un robot de seis patas distribuídas en dous trens situados nos costados dun corpo central ou chasis. Cada tren está formado por tres patas articuladas montadas sobre un cigüeñal e ancoradas nun eixe fixo. A rotación do motor move estes mecanismos de tal xeito que os extremos das patas describen unha traxectoria cíclica de avance. Está dotado de diversos sensores que nos permiten recoller datos sobre distancias, temperatura, humidade e luminosidade. O Bluetooth e a pantalla LCD permiten ler e graficar os datos obtidos a través dun smartphone ou directamente no robot. Tamén é posible controlar os movementos do robot de modo remoto dende un teléfono móbil vía Bluetooth.

Manuel Díaz Regueiro (Presidente de Igaciencia), Silvia Cameán Calvete (Concelleira de Xustiza Social e Coidados do Concello da Coruña) e Valentín García Gómez (Secretario Xeral de Política Lingüística), que posan co robot no acto de entrega de premios, felicitaron ao alumnado polo seu traballo.

A nova na web de Igaciencia

A nova na web educativa do Concello da Coruña

A nova en La Voz de Galicia

A nova en Compostela24h.com

A nova en Compostela Diario

Save

Save

Save

Save

Save

Save

Save

Save

Save

Save