ACTIVIDADES FORMATIVAS STEM EN LINGUA INGLESA, STEMweek, PARA ALUMNADO DE 3º E 4º DE ESO

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca axudas para a realización de actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek, no ano 2018 destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos. No DOG do 12 de xuño publícase a ORDE do 23 de maio do 2018 pola que se aproban as bases e se convocan axudas para a realización de actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek, no ano 2018.

Esta é unha convocatoria para alumnado de 3º e 4º de ESO que cumpran, entre outros requisitos, ter acadado no curso 2016/2017 unha nota mínima de 6 na materia de inglés.

O lugar onde se realizará esta actividade será o Centro Residencial Docente da Coruña, en réxime de internado de domingo ao sábado seguinte.

As datas para o alumnado seleccionado serán:

  • do 26 de agosto ao 1 de setembro no caso de alumnado de 3º ESO
  • do 2 ao 8 de setembro para o alumnado de 4º ESO.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no DOG.

Acceso á nova en edu.xunta.gal.

Acceso ao extracto da Orde da convocatoria.