I CERTAME LITERARIO. MAIO EN BRIÓN

Enviado por admin o Ven, 30/03/2018 - 13:59

BASES:

1. Poderá participar todo o alumnado matriculado no IES de Brión no curso 2017/18 cun máximo de tres traballos, un por cada unha das modalidades. Esta cita está pensada para conmemorar o 17 de Maio, así que a lingua empregada será o galego.

2. Os traballos tomarán como referencia o lema do certame: "As mulleres da miña vida".

3. MODALIDADE DE RELATO CURTO. Establécense dúas categorías:
- CAT A (1º, 2º e 3º de ESO)
- CAT B (4º de ESO e BACH)
A extensión dos traballos oscilará entre as dúas e as catro páxinas, cun corpo de letra 12 e interliñado 1,5.

4. MODALIDADE POESÍA. Establécense dúas Categorías:
- CAT A (1º,2ºe 3º de ESO)
- CAT B (4º de ESO e BACH)
Os traballos contarán cun mínimo de 20 versos.

5. MODALIDADE DE ENSAIO. Establécense dúas categorías:
- CAT A (1º,2ºe 3º de ESO)
- CAT B (4º de ESO e BACH)
A extensión dos traballos oscilará entre as dúas e as catro páxinas, cun corpo de letra 12 e interliñado 1,5.

6. ENTREGA DOS TRABALLOS. A data límite para participar no certame é o 30 de abril. Os traballos deberán entregarse en conserxería no interior dun sobre, que no exterior indicará só o lema do Certame Literario. Irán asinados únicamente cun pseudónimo xunto á categoría á que pertence. No interior doutro sobre máis pequeno deberá figurar a identidade real da autora ou autor.

7. PREMIOS. O xurado elixirá tres premios por cada categoría, en cada unha das tres modalidades.
1º Premio: 60 €
2º Premio: 40 €
3º Premio: Lote de material

O fallo do xurado darase a coñecer a véspera do 17 de maio.

Organizan o IES de Brión e a ANPA Pedra Viada.

Save


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.