1º CAMPIONATO DE XADREZ DO IES DE BRIÓN

Enviado por Agustín Vázquez... o Dom, 11/02/2018 - 13:43

Desde o depto de dinamización lingüística organizamos este primeiro campionato no que se anotararon dezanove alumnos/as de tódolos cursos, desde 1º de ESO a 2º de BACH.

A aprendizaxe do xadrez fomenta beneficios en todas as idades xa que ten características que favorecen o exercicio e desenvolvemento de aptitudes mentais: concentración da atención, memoria ( asociativa, cognitiva, selectiva e visual ), abstración, razoamento e coordinación son algunhas delas.

O xadrez pode converterse nun colaborador da formación do pensamento científico aproveitando a capacidade lúdica do ser human, implica a posta a proba da hipótese que deberá verificar ou descartar, supón a aplicación de estratexias en función do obxectivo a conquerir.

Despois de varias eliminatorias nos recreos, e con grande éxito de público, chegaron á final os alumnos de 2º de BACH Simón García-Bodaño e Iago López na que gañou o primeiro. O premio son dúas entradas para o cine. Parabéns a Simón e a todos os que participaron e ata a segunda edición !

AdxuntoTamaño
xadrez.JPG3.15 MB


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.