SENSORES PARA TODOS

O alumnado de Tecnoloxía Industrial e Debuxo Técnico de 1º de Bacharelato obtivo o primeiro premio no concurso "Sensores para todos" organizado por Igaciencia en colaboración coa S. X. de Política Lingüística.

O traballo presentado é un sensor localizador de zonas escuras que combina unha pequena cámara, unha placa Arduino, unha Raspberry Pi, e diversos compoñentes electrónicos; todo montado sobre unha estrutura traccionada con motores de continua.

O alumnado participante ideou, deseñou, construiu e programou o robot no contexto dun proxecto interdisciplinar, no que destaca, á marxe da gran calidade do resultado final, o nivel de implicación e iniciativa persoal e o interese por ampliar coñecementos.

O alumando de 4º ESO que cursa Tecnoloxía, recibiu neste mesmo certame unha mención especial ao conxunto dos seus traballos.

As propostas presentadas regulan o comportamento de sensores e actuadores mediante o uso dunha placa Arduino e diversos programas escritos polo propio alumnado.

A nova no portal da Xunta de Galicia.

El Correo Gallego: "Brión rinde homenaxe ao alumnado do IES polos triunfos nos premios de robótica".