Música en galego

Aínda que pareza que só existe a música en inglés e castelán, na música galega hai unha oferta moi ampla, aínda que parece que só e galega a música folk: Milladoiro, Luar na Lubre, Carlos Núñez, Mercedes Peón, Uxía, Ugia Pedreira, Berrogüeto, Guadi Galego...) Hai música rock desde os grupos famosos como Os Resentidos, Heredeiros da Crus, a moitos grupos de estilos diferentes que non teñen a distribución suficiente, só nas páxinas webs de música especializada: Ghastaspista.com, na Coordinadora Gelga de Equipos de Normalización Lingüística teñen enlaces con todas as páxinas de música galega. Hai unha que vai sacando todas as novidades musicais e os lugares onde van tocar os grupos que están en activo: GUIEIRO.De música tradicional:FOLMUSICA.COM

Unha mostra en YOU TUBE, e SON DE POETAS. Unha canción: Memoria da noite de Luar Na Lubre, ou Carlos Núñez: Mar adentro e outros. de Dios Ke te crew: PROFECÍA, de Roi Casal: Ninfa das frescas augas, Guadi Galego e Xabier Díaz: Teu nome por mar e terra. E de Negreira, en homenaxe ao poeta Ardeiro, XM Lago e Órcar Martínez: Onde comeza a vida, ou en clave de humero e rock: Familia Caamagno. E como non o XABARÍN CLUB, mira o seu FACEBOOK

César Morán canta a varios poetas galegos: "Ódiote" de Rosalía de Castro (LETRA) ou Red rose, proud rose, sad rose de Manuel Rivas. Hai un vídeo deste poema no IES de Tomiño.