Skip to Content

Materiais didácticos

Ferramentas para o alumno en internet

1) DICCIOGRIEGO : é o dicionario de grego antigo-español en liña, único na súa categoría pensado fundamentalmente para os alumnos que se inician no coñecemento desta lingua antiga, e que está a ser elaborado dende fai anos por profesores de grego de toda España, tanto de institutos como de universidades. Eu, Daniel García Cancio, xefe do departamento de grego do IES As Lagoas desde o curso 2023-24, contribúo económicamente neste utilísimo recurso para estudantes de grego que comezan, así como na tarea de recopilación e tradución de exemplos en grego, e de acepcións en inglés do dicionario Liddell-Scott Jones, concretamente dos seguintes termos:

βελτίων, βία, βιάζομαι, βίαιος, βίος, βιόω, βλάπτω, βλέπω, βοάω, βοή, βοήθεια, βοηθέω, βουλεύω, βουλή, βούλομαι, βοῦς, βραδύς, βραχύς, βωμός, γαμέω, γάμος, γάρ, γε, γείτων, γελάω, γέλως, γενναῖος, γένος, γέρας, γέρων, γεωργός, γῆ, γῆρας, γιγνώσκω, γλῶσσα, γνήσιος, γνώμη, γνώριμος, γόνυ, γοῦν, γράμμα, γραφή, γράφω, γυμνάζω, γυμνός, γυνή, δαίμων, πρόγραμμα

o que se pode comprobar no seguinte enlace: https://www.dicciogriego.es/colaboradoresdg

2) Mapa de teclado DA9, é unha modificación feita por min dun mapa preexistente, o que ven incluido na Maqueta Abalar 20.3 da Xunta de Galicia. Esta modificación fíxena para facilitar a escritura ás persoas destras, zurdas e ambidestras, na escritura do grego antigo nun portátil. O mapa ten tres versións: DA9 Windows por unha banda, e por outra DA9 Linux e DA9 Mac. As dúas primeiras xa as testéi con éxito, e a última (Mac) estouna a testear. Os mapas DA9 permiten escribir en grego (en calqueira fonte instalada no sistema) en todas as aplicacións de Windows/Linux/Mac. Na parte técnica estoulle profundamente agradecido ó meu irmán David García Cancio, profesor de Ciclos Formativos Superiores de Informática, pola súa inestimable axuda cos aspectos técnicos da versión Linux e Mac.  Videotitorial de uso do mapa DA9LINUXVideotitorial de instalación do mapa DA9LINUX.

3) Grupo Profesores de Griego Antiguo de Facebook: creeino en 2014, e actualmente ten máis de 11500 membros. É privado, pero visible para todos os usuarios de Facebook, e pódese unir a el de calquer tipo de persoa interesada en Grecia, a súa lingua, historia, e cultura, así como dun xeito xeral no mundo clásico. Nel atópanse novas e materiais que poden ser de utilidade para o alumno.

4) Este mesmo curso da Aula Virtual do IES As Lagoas proporciona materiais orixinais elaborados polo departamento de grego deste centro, en formato pdf.

5) Griego II IES As Lagoas, é unha lista de reprodución de YouTube creada por este departamento expresamente para axudar aos alumnos de grego de segundo curso de bacharelato. Moitos destes vídeos son orixinais creados polo departamento de grego deste centro.

6) Griego I IES As Lagoas, é unha lista de reprodución de YouTube creada por este departamento expresamente para axudar aos alumnos de grego de segundo curso de bacharelato. Moitos destes vídeos son orixinais creados polo departamento de grego deste centro.

 7) Cultura Clásica 3º ESO, é unha lista de reprodución de YouTube creada por este departamento expresamente para axudar aos alumnos de 3º de E.S.O.  Algúns dos vídeos foron adaptados por este departamento (adición de voz explicativa do contido visual), ou directamente dobrados do inglés ao castelán.

Distribuir contido


by Dr. Radut