Non pasa nada, pasa algo? ÉRGUETE

 

O alumnado de 2º de ESO do noso Instituto participou nos obradoiros Non pasa nada, pasa algo? impartidos pola  Asociación Érguete e encadrados dentro do Plan Integral de Prevención de Condutas Aditivas do Concello de Moaña.
Os obradoiros  van encamiñados a  evitar o desenvolvemento e consolidación de consumos problemáticos de drogas, reducir a súa incidencia e promover estilos de vida saudables entre os adolescentes.