O blog de plástica, 4º premio do "V premio Espiral Edublogs 2011"

 A asociación Espiral é un colectivo de profesores e profesoras interesados na promoción e aplicación das tecnoloxías da información e da comunicación na Educación. O premio Espiral Edublogs é un dos eventos con máis repercusión na blogsfera xa que moitos profesores e profesoras, presentan os seus blogs e mostran as súas propostas didácticas coas das TIC onas aulas.
O premio supón por tanto un escaparate que mostra as múltiples posibilidades que ofrecen os blogs na aula. Cada un dos premiados recibe unha peonza, símbolo deste premio, que representa a enerxía coa que pretemndemos impregnar o mundo da web 2.0

 

 

O blog http://edu-plastica.blogspot.com/ acadou o 4º premio na categoria Blog de alumnos da ESO V premio Espiral EDUBLOGS 2011, Este blog nace o 22 de maio de 2008. É un espacio de contido educativo que recolle a actividade da aula-taller de plástica do noso centro. Creado por e para os alumnos, que cos seus traballos son quen o manteñen con vida.

 

http://educortos.blogspot.com/ foi finalista na categoría Blog de profesores e profesoras. Este blog é unha experiencia educativa na que se utilizan os recursos da linguaxe cinematográfica na educación plástica e visual, posibilitando así que os alumnos abran vías de experimentación, buscando novas formas de expresión e creación a través das novas tecnoloxías. Colaborando, como sempre, con outros departamentos dende unha didáctica interdisciplinar e transversal.

Dende aquí a norabóa aos nosos alumnos de plástica e á súa profesora Luz.