Skip to Content

Admisión e matrícula

Matrícula. 2024-25

A partir do día 24 de xuño e ata o 4 de xullo ábrese o prazo para a realización da matrícula por parte do alumnado con praza asiganada no centro. No seguinte cadro figura o calendario de matrícula para cada nivel e, en cada curso, tedes as ligazóns desde onde se pode descargar o impreso de matrícula no que se indica a documentación necesaria para a formalización da matrícula. O impreso poderase adquirir na Conserxería do centro (0.10 euros).

1ºESO

24 e 25 de xuño 

(alumnado repetidor de 1ºESO: 2 e 3 de xullo)

2ºESO 2 e 3 de xullo
3ºESO 2 e 3 de xullo
4ºESO 28 de xuño
1ºBach. 26 de xuño
2ºBach. 1 de xullo
2ºFPB 27 de xuño
2ºCM 27 de xuño

O alumnado que sexa externo e procedente de centros educativos de fóra do Concello de Tomiño, deberá pasar pola Secretaría do centro, nas datas que correspondan ou días antes para recoller os impresos de matrícula e información sobre a documentación específica que teñen que aportar por ser alumnado de nova incorporación.

Deixamos á vosa disposición os seguintes impresos que acompañan ás matrículas e as paradas do transporte escolar.

 

 

Admisión FP 2024-2025

Oferta de Ciclos de Grao Medio do centro

Ciclo de Grao Medio de Aproveitamento e Conservación do Medio Natural
Ciclo de Grao Medio de Instalacións de Telecomunicacións

O prazo de presentación de solicitudes de admisión para as ensinanzas de formación profesional en oferta ordinaria para o curso 2024-2025 será desde o 24 de xuño ás 9:00 horas ata as 13:00 horas do 4 de xullo. A presentación de solicitudes realizarase utilizando o asistente informático que estará dispoñible na aplicación de Ciclos Admisión. O día 10 de xullo poderase consultar de xeito individualizado a información da resolución provisional e o día 17 poderase consultar a resolución definitiva. Sobre os cambios no proceso de adminisión para este curso tedes un resumo nesta ligazón, e para información xeral sobre o proceso de admisión e matrícula pódese acceder á páxina da Formación Profesional da Consellería de Educación.

Calendario de adxudicacións e matrícula

1ª adxudicación ordinaria 17 de xullo Matrícula do 17 ás 9:00 ao 22 ás 13:00
2ª adxudicación ordinaria 24 de xullo Matrícula do 24 ás 9:00 ao 31 ás 13:00
3ª adxudicación ordinaria 2 de setembro Matrícula do 2 ás 9:00 ao 5 ás 13:00

 

 

Prematrícula: curso 2024-2025

Por razóns organizativas, o alumnado debe cubrir a prematrícula para o curso que vén. O centro non pode ofertar na matrícula todas as materias e combinacións de materias optativas posibles, polo que as preferencias manifestadas na prematrícula condicionarán a oferta final da matrícula.

A realización da prematrícula non substitúe en ningún caso a matrícula directa que deberá ser formalizada no centro no mes de xullo.

 

O prazo para realizar a prematrícula abrangue do 2 ao 16 de maio de 2024A prematrícula poderá ser realizada unha única vez, polo que é importante ter ben meditada a escolla. O alumnado deberá seleccionar a ligazón correspondente ao nivel no que se matriculará no vindeiro curso 2024/2025.

 

2º ESO
3º ESO 
4º ESO
1º BACHARELATO
2º BACHARELATO

 

 

Admisión alumnado. Curso 2024-25

Infórmase que as familias que solicitaron praza no periodo ordinario de admisión para a etapa da ESO foron admitidas.

En canto ás solicitudes de admisión para a etapa do Bacharelato, as familias poderán consultar o estado da admisión na mesma páxina que fixeron a solicitude (Admisionalumnado). Para calquera dúbida poderán chamar ao centro: 886120588.

Admisión de alumnado non adscrito. Curso 2024/25

A partir do 1 de marzo ábrese o proceso de admisión para o alumnado que se incorpora por primeira vez ao IES Antón Alonso Ríos nos diferentes cursos da ESO e Bacharelato e non procede dun centro de primaria adscrito. Indícase a continuación o calendario do proceso:

  • PRAZO DE SOLICITUDE: Do 1 ao 20 de marzo de 2024, ambos inclusive

Prazo de solicitude de reserva para o alumnado que se incorpora por vez primeira ao sistema educativo galego ou para os que cambian de centro de maneira voluntaria. As solicitudes presentaranse mediante o formulario dispoñible na aplicación informática admisiónalumnado:

    • preferiblemente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia;
    • opcionalmente, poderán presentarse presencialmente no centro.

 

  • PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL DE ADMISIÓN: 25 de abril de 2024

Cinco días hábiles para formular reclamacións a partir do día seguinte da súa publicación.

 

  • PUBLICACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA: 15 de maio de 2024

Publicación da listaxe definitiva de persoas admitidas e non admitidas.

 

Para máis información sobre o procedemento (prazos, xestión das solicitudes e documentación a presentar) pódese consultar admisiónalumnado ou de maneira máis xeral a Orde de 21 de outubro de 2022 que regula o proceso de admisión de alumnado en centros escolares sostidos con fondos autónomicos ou na aplicación da Consellería de Educación.

 

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

O alumnado admitido deberá matricularse entre o días 24 de xuño e o 8 de xullo de 2024, ambos inclusive. Por cuestións organizativas, na secretaría do centro publicarase con antelación un calendario con días concretos para os distintos niveis.

Reserva de prazas. Curso 2024/2025

Infórmase que todo o alumnado que fixo a solicitude de reserva de prazas en 1º da ESO desde os centros adscritos foi admitido.

Admisión de alumnado: curso 2024/25

ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DE RESERVA DE PRAZAS DE 1ºESO PARA O CURSO 24/25. EXCLUSIVO PARA O ALUMNADO DE CENTROS ADSCRITOS

Infórmase ás familias que o prazo de reserva de prazas para o alumnado que vai cursar 1ºESO no IES Antón Alonso Ríos abranguerá do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro. O alumnado que teña prioridade para continuar estudos nun centro de adscrición pode exercer o seu dereito á reserva de praza presentando solicitude de reserva no centro adscrito, isto é, no que está matriculado neste momento, e identificará o centro de adscrición que solicita.

Listaxe dos centros adscritos do IES Antón Alonso Ríos:
CEIP de Barrantes
CEIP de Sobrada
CEIP Pintor Antonio Fernández
CEIP Plurilingüe de Tebra
CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán

Para máis información pode consultar na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado

Distribuir contido


by Dr. Radut